- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 29 Abril 2008 29 Abril 2008
Camariñas, unha canteira de campeóns

Nerea no momento de recibir a medalla de plata nas instalacións do Club de Mar
Non deixa de sorprendernos a cantidade de deportistas de élite que están xurdindo nestes últimos anos no Concello de Camariñas gracias ao traballo dos grandes profesionais da área de deportes do Concello, os cales se esforzan en facer dos nosos pequenos uns auténticos campeóns. Neste caso é unha xoven rapaza chamada Nerea a que ven de facer unha auténtica xesta este fin de semana proclamándose subcampiona provincial no torneo disputado na Coruña.
A competición tivo lugar nas instalacións dunha institución emblemática da cidade herculina (O club de Mar) cunha gran asistencia de participantes nas distintas categorías e de público que encheu o recinto. Alí o sábado Nerea foi eliminando un a un a todos os seus opoñentes ata prantarse na final provincial da Categoría Infantil Femenina na que loitou ata a extenuación perdendo ao final por moi pouco. Seguramente para a próxima vez e dado o excepcional traballo desenrolado pola Escola Municipal de Badminton teremos toda unha campiona provincial, eso como paso previo a aspirar a cotas maiores. Pulsa para ver unha foto de Neréa na Final Provincial de Badminton.

Nerea durante un dos seus partidos do sábado onde quedou Subcampeona Provincial
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.