- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 28 Abril 2008 28 Abril 2008
Juanillo volve a xogar e o Cartagena volve a gañar

Cando este bravo camariñán está no terreo de xogo todo é máis facil para o Cartagena
Juanillo, o mago de Corea, volve aos campos de fútbol e con el, as victorias para un Cartagena tan necesitado de puntos cos que conservar a esperanza da liguilla de ascenso a 2ª División. Dende a redacción queremos darche a noraboa Juanillo pola túa fantástica recuperación pero tamén che dicimos que aínda que non se consiga este ano o tan ansiado ascenso ten por seguro que camarinas.eu estará o próximo ano apoiándoche ao máximo partido a partido para conseguir que o Cartagena e ti cheguedes onde realmente tedes que estar: na 2ª División Española. ¡¡Ánimo Juanillo!!
Outra vez a un paso da liguilla de ascenso

O Águlias, un dos equipos máis antigos de España non pudo co Cartagena de Juanillo
Resultado impresionante o que sacamos en Águilas, o cuarto clasificado. Janamos por 1-3, e eso que empesamos o partido perdendo, nun campo de fútbol que tería que estar prohibido pa xojar en sejunda B. É mui paresido ao do Porteño, e para unha catejoría profesional tiñan que prohibir campos tan pequenos, pois entre o equipo do [[Águilas Club de Fútbol]] que xoja ao límite do rejlamento e o público que vas sacar de banda e che colle polo pelo, fan que os rivales se intimiden e como non, os árbitros tamén. Pero o Cartagena onte sabía a donde iba e dou a cara desde o primer momento, e como desia antes, remontamos un resultado adverso e pudemos meterlle máis de 3.
Por fin volvín a xojar despois de 5 semanas sin faselo e a verdá é que a rodilla respondío de maravilla, non me dou ningún problema e eso xunto ca vitoria foi a mellor notisia. Quedan 3 jornadas e estamos a 5 puntos do play-off, pero mentres as matemáticas nolo permitan temos que luchar hasta o final, pois hai enfrentamentos entre os de arriba a ver que pasa. Para a semana resibimos o Mérida que vai 4º, temos que janar e esperar que o Granada perda. A ver si nos axuda a Virxen do Carmen, a do Monte, San jorge, San Ramón, porque fainos falta. Un saludo a todos e hasta a próxima.
Comentarios
muita suerte
Unha aperta chaval.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.