- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 09 Abril 2008 09 Abril 2008
Xa dou comezo o programa "O Mar na Escola"
Este programa organizado polo Concello de Camariñas, o Club Náutico de Camariñas e outras entidades privadas tenta acercar os deportes náuticos a todos os rapaces do Colexio Público de Camariñas. Este ano, por vez primeira, están engadidos tamén os rapaces de 1º de E.S.O. do Instituto camariñán "Pedra da Aguia". Pulsa na foto para ler a noticia completa e ver unha pequena galería fotográfica.
Programa "O mar na escola"
O xoves día 3 de Abril dou comezo o Programa O Mar na Escola para os 17 alumnos inscritos nesta actividade do IES Pedra da Aguia de Ponte do Porto.
Este programa que se ven desenvolvendo dende hai 5 cursos no CEIP O Areal de Camariñas, por primeira vez chega ao IES sito no Concello de Camariñas, destinado para os alumnos-as de 1º de ESO que veñen acompañados de Javier Sesma profesor de Educación Física no IES e son recibidos nas instalacións do Club Náutico polos monitores.
Este programa está patrocinado e elaborado polo Concello de Camariñas e recibe a colaboración de Industrias Cerdeimar que cobre os gastos da tramitación das licenzas federativas, necesarias para desenvolver dita actividade, e do Club Náutico de Camariñas que suma as súas embarcacións ás do Concello.
Os obxectivos do programa é dar a coñecer o medio que nos rodea, dende as actividades náuticas (vela lixeira, kaiaks…) pero facendo moito fincapé na vela lixeira como motor principal da actividade e o intentar variar a imaxe do mar que hai nas vilas mariñeiras.
{multithumb}



Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.