1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Onte, venres 14 de Xaneiro, tivo lugar na casa do concello unha reunión entre a Federación Galega de Balonmán, o  Club Balonmán de Camariñas e o Concello de Camariñas co obxectivo de crear un proxecto para fomentar o balonmán tanto dentro do municipio camariñán como na Costa da Morte en Xeral.

Deste xeito, participaron na xuntanza o concelleiro de Deportes, Fabián Canosa; o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López; o vicepresidente da Federación, Jesús Varela; o responsable federativo da Coruña, Borja Tajes; o presidente do Club Balonmán Camariñas, Andrés Cerdeiras; e a nova coordinadora xeral do club, Nerea López, a cal realizou a súa primeira aparición pública ostentado este cargo.

Ao finalizar a reunión as tres partes acordaron a unión de forzas a hora de retomar a actividade tras este gran parón producido pola COVID. O balonmán é un deporte moi arraigado na comunidade camariñá na que xa está presente dende fai 27 nos que trouxo grandes alegría este lugar na Costa da Morte e que se espera que as volva a traer nun futuro non moi tardío.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.