5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (1 Vote)

En moitas ocasións o deporte vese relegado a un segundo plano na educación dos máis xoves. Un elemento de menor importancia fronte a outras materias como poden ser as matemáticas ou a lingua e a literatura. Porén, son numerosos os estudios e os estudosos que defenden unha postura contraria a esta realidade como pode ser Ken Robinson un dos maiores expertos, a nivel global, da ensinanza. A intelixencia cinética é un elemento imprescindible a hora de que os máis novos poidan crecer de un modo saudable e equilibrado ademais de axudarlles a comprender realidades como a empatía, a igualdade e o traballo en equipo.

Deste xeito as escolas deportivas ofrecen un lugar no que os rapaces e rapazas traballen de forma conxunta nestes valores e dende o pasado 29 de Xullo no Concello de Camariñas temos dúas co prazo aberto para que os máis novos poidan participar nelas no vindeiro curso 2021-2022.

Unha delas é a creada recentemente escola de fútbol Concello de Camariñas Juan Cabrejo. Xurdida grazas a colaboración conxunta e firma dun convenio entre os catro clubs do municipio (Camariñas F.C., Club Porteño C.F., Camelle S.D. e As Baleas) estará coordinado por Juan Cabrejo Pasantes e contará coas categorías de biberón, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete. Os interesados poden inscribirse a través de un formulario (https://forms.gle/2CCpvpiiYsfYV2XQ8) ou do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Os adestramentos comezarán en Setembro.

A outra escola deportiva é a de Balonmán que xa leva anos no municipio camariñán a formar grandes deportistas no seu eido. Nela atoparanse as seguintes categorías: kids, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil masculino e feminino e cadete masculino e feminino. A inscrición pode facerse a través de Whatsapp no teléfono 677 433 461 ou do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Os adestramentos comezarán en Setembro e no mes de Agosto, a finais, realizarase unha proba gratuíta na que poden participar todos aqueles rapaces e rapazas que o desexen.

Así, ambas escolas coordinaran os seus horarios para que os participantes poidan asistir a práctica de ambos deportes se o quixeran.

FútbolEscola.jpeg

BalonmanEscola_1.jpeg

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.