- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 08 Marzo 2008 08 Marzo 2008
O C.B. Camariñas perde o derby da ¿Costa da Morte?

Xa facía tempo que camarinas.eu non era testemuña dun encontro do C.B. Camariñas e neste caso non podía deixar de asistir ao chamado derby da Costa da Morte. Eran moitos os medios alleos a esta deprimida costa os que asistiron para dar cobertura ao partido: fotógrafos, periodistas, comentaristas e ata unha televisión (non, non era a todopoderosa TV Camariñas se non outra destartalada emisora local de Carballo).
C.B. Camariñas 30 - Xiria de Carballo 33

Despois do descanso os pupilos de Tony García saíron un pouco máis centrados á pista polideportiva da Ponte do Porto aínda que o Xiria tamén estaba no seu sitio e a diferenza de puntuación era considerable. Así transcurrío o partido ata que chegou a expulsión de Kin Canosa por ter unhas palabras cun seguidor do Xiria que estaba nas gradas. Este carballés demostrou ter ben pouca educación, insultando a Kin dende as bancadas. No segundo cuarto desta segunda parte o C.B. Camariñas comezou unha increíble escalada no marcador na que chegou a metererse a tan só dous tantos do Xiria que estaba desarbolado e pouco podía facer contra a bravura dos camariñáns que tiveron a oportunidade de meterse a tan só un tanto e probablemente gañar o partido nunha oportunidade que tivo Felipe ao fallar un tiro só ante o porteiro do Xiria (que fixo un gran partido). Despois desta oportunidade o Xiria comezou a controlar un pouco máis o partido neses 4 minutos que faltaban e chegouse ao resultado final de 30 para o Camariñas e 33 para os de Carballo. A pesar de que o partido foi tenso e moi disputado os xogadores de ambos equipos fundíronse nun abrazo mutuo e o público que abarrotaba o novo pavillón da Ponte aplaudío este xesto moi animadamente. Un verdadeiro exemplo de equipo camariñán. En fin, un partido espectacular entre os dous representantes da Costa da Morte. Unha Costa da Morte que nadie sabe moi ben ata onde vai a chegar. Cada día hai un límite novo, unha nova fronteira... e é que, como o universo, a Costa da Morte está en expansión continua hacia o infinito. Esperemos que non acabe todo nun Big Bang.