- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 13 Outubro 2018 13 Outubro 2018
A concellería de Deportes do Concello de Camariñas que dirixe José Manuel Canosa Campaña levará a cabo este ano o programa ‘Concello Activo’, destinado a mellorar a autonomía e a condición física dos maiores do municipio a través de diferentes actividades, que comezarán no mes de novembro.
O Concello de Camariñas aposta polo envellecemento saudable co seu programa ‘Concello Activo’. O proxecto dará comezo no mes de novembro.
Este proxecto xorde na colaboración da concellería de Deportes cos médicos de Familia e Comunitaria e está destinado a persoas maiores de 60 anos con dificultades físico motoras detectadas polos profesionais da saúde e remitidas por eles ao programa. ‘Concello Activo’ desenvolverase en grupos reducidos, de máximo oito persoas e mínimo catro, dispoñendo para todo o Concello dun total de 32 prazas.