1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
A escola de fútbol do FC Camariñas continúa unha racha imparable de éxitos nesta temporada 2017-18. Todas as categorías veñen enchendo de ilusión a todos os siareiros do fútbol do concello, tanto dende os máis pequerrechos dos bibieróns pasando polos prebenxamíns, benxamíns, alevíns, infantiles, cadetes, xuveniles... é para estar orgulloso de todos e cada un dos nenos e nenas integrantes dos equipos do fútbol base do FC Camariñas e dos seus adestradores. Pero a xornada deste sábado 5 de maio pode ser histórica para todo o Concello de Camariñas: si os bravos prebenxamíns do FC Camariñas consiguen gañar o partido que os enfronta ao Xallas en Catriz levaranse o campionato ligueiro de F-8 prebenxamín. Unha xesta caseque sen precendentes en toda a historia do fútbol da costa, xa que na temporada que se estrenaron os nosos pequenos e que xogan estes nenos en equipo están a tan só un partido de conquistar o título ligueiro sen perder nin un só partido e chegando de lider na táboa clasificatoria ata o último partido de liga. Chejar e encher que diría o refraneiro mariñeiro camariñán.

prebenxamin clasificacion 4 maio 2018

No derradeiro partido desputado este xoves pasado no Estadio Municipal Hermanas Patiño contra todo un gallito da categoría como o Fisterra os nosos pequerrechos demostraron que saben sufrir e levantarse ante as adversidades. Así, despois dunha primeira parte moi igualada onde os fisterráns o deron todo, chegou a segunda metada no que os nosos endosaron un total de 4 a 0 a todo un referente no mundo das canteiras da Costa da Morte. Destacar que todos e cada un dos xogadores do equipo teñen sempre os seus minutiños de xogo e neste encontro non foi diferente a cousa. A canteira do FC Camariñas é unha escola, non unha máquina de gritar e presionar aos pequeniños. E así o seguirá sendo.

O FC Camariñas está a punto de facer historia no fútbol base da Costa da Morte, todos os siareiros do fútbol da vila estamos ao tanto deso, pero para as nais e pais que forman este grupo xa nos damos por satisfeito e pase o que pase para nos serán sempre os campeóns e este ano 2018 quedará grabado para o resto das nosas vidas como o ano que uns nenos de 6 e 7 anos resurxiron a pasión polo fútbol dentro do concello.

Os Infantiles da liga de Fútbol Sala do FC Camariñas campións comarcais


E non acaban aquí as boas novas para a canteira do FC Camariñas. Hai uns días os chavales da categoría infantil de fútbol sala conseguían o título de liga comarcal que os acreditaba para competir na liga interprovincial. Todo un logro para esta escola de fútbol base que damos conta aquí en Camarinas.eu

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.