1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Xornada dispar no acontecido esta fin de semana do FC Camariñas no que a resultados se refire. Mentras as dúas categorías superiores colleitaron sendas derrotas os cadetes, benxamíns e prebenxamíns conseguiron salvar os muebles con resultados moi positivos e desputando os encontros cun xogo por momentos brillante. Os maiores, a pesar de xogar un fútbol moi directo e ofensivo con ocasións bastante claras de gol non puderon transformar esa superioridade no marcador contra un Ponteceso que asestou un duro correctivo aos de Tono primeiro cun gol a finales da primeira parte e logo, xa o Ponteceso totalmente replegado en defensa, cun contragolpe mortal. Así e todo os senior non deben deixarse desmotivar e teñen que poñerse as pilas rapidamente para o un próximo encontro vital para manter as esperanzas de rematar unha liga decentemente contra un Sporting Zas que está na mesma loita que os nosos.

Con respecto aos xuveniles e cadetes resaltar o gran traballo que están a facer os chavales de Faus xornada tras xornada, sobretodo despois das continuas e inxustas derrotas que sofriron ao principio de liga. Un traballo que é moi valorado polos cada vez máis numerosos afeccioados que desfrutan cada fin de semana no Campo Municipal Hermanas Patiño onde estes bravos camariñáns estano a dar todo. Sen dúbida que este é o camiño que debe seguir o FC Camariñas e que está a volver a ilusionar a todo un pobo que está a regresar outra vez a amar ao seu equipo da alma.

Para apuntarse na Escola de Fútbol do FC Camariñas tan só tendes que poñervos en contacto co teléfono 600872463 (Maitiña)

E para rematar esta pequena crónica comentarvos o que semana tras semana ven a ser xa todo unha costume, a dos pequenos futbolistas das categorías benxamín e prebenxamín que últimamente non deixan campo sen barrer futbolísticamente falando. As categorías inferiores do FC Camariñas están a colleitar éxito tras éxito e estanse a labrar unha espléndida fama por todos os campos da costa como uns verdadeiros cabaleiros do fútbol. A afección de pais e nais que acompaña ás pequenas estrelas do fútbol base do FC Camariñas tamén están a dar un exemplo de deportividade e saber estar e sempre que poden fotografían aos pequenos cos rapaces dos equipos cos que compiten unidos como amigos e compañeiros que son aos que une unha paixón: o fútbol.

Dende un principio xa se deixou moi claro por parte tanto dos directivos, como do equipo técnico así como dos pais e nais responsables das categorías inferiores que non se tolerarían insultos, xuramentos ou malos modos por parte de calqueira persoa (xa sexa xogador, espectador ou responsable) que leve o escudo do FC Camariñas. O respeto polo adversario, a educación e a deportividade deben ser os valores que deben primar sobre calqueira outro mérito, e non como en outros equipos, moi minoritarios en toda a provincia eso si, onde se valora máis o resultado e a presión e competitividade extrema sobre uns pobres nenos que a educación que se lle debe inculcar aos máis pequenos. Gracias a deus ese nunca será o estilo da canteira do FC Camariñas.

Resultados do FC Camariñas:


Senior: FC Camariñas 0 - 2 SD Ponteceso
Xuveniles: Os Miudos 5 - 2 FC Camariñas
Cadetes: FC Camariñas 1 - 0 Coristanco
Alevíns: Descansaron
Benxamíns: EFC Carnota 3- 4 FC Camariñas
Prebenxamíns: Os MIudos 0 - 17 FC Camariñas

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.