1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
A xornada balonmanística dos nosos equipos comezaba o sábado en Ourense, donde o equipo senior femenino se desprazaba para desputar o seu partido da segunda división autonómica. Non foi unha boa tarde, xa que nun mal partido as nosas guerreiras perdian por un claro 31-19 diante do Nova Xestion Pavillon Ourense.

Tocaballe o turno despois ao equipo senior masculino,que recibia o OAR Coruña no primeiro derbi da tempada. Nun abarrotado pavillon da Ponte do Porto o Camariñas Conservas Boya saleu moi motiivado, poñendo rápidamente terra de por medio contra o gran equipo herculino, chegando a ter rendas de 4 e ata 5 goles de diferencia, e donde un público entregado levaba os camariñans a irse o descanso con un marcador favorable de 18-13.

Na segunda metade os de Camariñas mantiveron esa diferencia durante os primeiros minutos, pero o empuxe e a profundidade de plantilla dos da Coruña fóronse acercando pouco a pouco aos nosos. Deste xeito chegouse aos minutos finais cunha diferencia de 1 gol que os nosos rapaces conseguiron aguantar para levarse a victoria.

Gran triunfo nun gran partido: Camariñas Conservas Boya 30-29 OAR Coruña. E o Boya xa con 6 puntos no seu casilleiro asentase na parte tranquila desta Primeira Division Nacional de balonmán. A próxima semana toca derbi comarcal contra o Calvo Xiria de Carballo.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.