1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Xornada negativa para todas as categorías do FC Camariñas que recibían duros correctivos de norte a sur polos campos da Costa da Morte. Dende Ponteceso ata Fisterra pasando polo propio estadio dos nosos que terán que volver a tomarse tempo para reflexionar e resolver desaxustes. Pero non todo foi negativo nesta xornada da fin de semana do 22 de outubro xa que dous xogadores da categoría cadete do FC Camariñas, Erik e Mario, foron convocados pola recentemente creada selección da Costa da Morte para comezar os seus adestramentos. ein dúbida un gran recoñecemento que a federación da ao paso dado pola directiva e técnicos do FC Camariñas pola importante decisión de crear desde cero a escola de fútbol do clube da vila das palilleiras. Noraboa a toda a directiva, pais e nais, e corpo técnico pero sobretodo noraboa aos grandes xogadores Erik e Mario.

SENIOR - Ponteceso SD 3 - 1 FC Camariñas


Partido igualado e de dominio alterno e que se podería resumir en que resultou gañador o equipo que cometío menos erros de bulto, xa que os tres primeiros goles veñen precedidos de sendos erros. O terceiro gol do Ponteceso xa non o contamos habida conta que foi marcado no último minuto do desconto. A mellorar? A concentración defensiva xa que un partido no que vas por diante no marcador, xogando fora e tendo completamente controlado non se pode perder por faltas de atención e por exceso de confianza en zonas comprometidas do campo.

XUVENILES -  Fisterra 6 - 3 FC Camariñas


Chegaban os chavales de Saviola o sábado 21 de outubro moi ilusionados para enfrontarse ao Fisterra no campo Ara Solis e comenzaban o partido incluso adiantándose no marcador. Pero rápidamente os cadetes do Fisterra comezaban a tomar o control do partido, aínda que os camariñáns loitaban e ata conseguían meter o medo no corpo aos veciños do sur. Finalmente os nosos xuveniles foron superados no marcador polo Fisterra por un total de 6 a 3. Na próxima xornada os chavales do xuvenil terán a oportunidade de resarcirse no seu propio campo contra o pechacancelas da categoría. Será o este sábado contra o Xallas FC.

CADETES - FC Camariñas 1 - 10 Os Miudos ED


Na mañá deste domingo 22 de outubro celebrábase o encotro que enfrontaba aos cadetes do FC Camariñas contra A Escola Deportiva de Os Miúdos. Os rapaces de Muros resultaron ser moi superiores en edade e sobretodo en físico debido a que eran cadetes de segundo ano sobretodo nunha categoría na que sole haber moita diferencia neste aspecto. O partido transcoreru moito máis disputado entre os dous equipos do que ao final resultou no marcador final. Resaltar o debut a finais do partido do bo central Ignacio Ageitos que se sumou recentemente aos adestramentos dos cadetes. A próxima xornada os chavales do FC Camariñas recibirán no Hermanas Patiño a un Ponteceso SD que está a remontar postos na taboa clasificatoria e logrando situarse nos postos de arriba.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.