- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 03 Mai 2015 03 Mai 2015
Encontro de Copa para o Encaixe que viaxaba con moitas baixas a Tui para acadar unha victoria axustada. Dende os comezos o Encaixe sentiuse cómodo no xogo acadando unha distancia de 5 goles pero a falta de contragol non permitiu as palilleiras arrincar máis distancia no marcador. Na segunda parte o Camariñas acomodouse permitindo que o equipo rival acortara distancias no marcador pero a veterania da plantilla foi que de anotar nos ultimos segundos para voltar a Costa da Morte coa victoria.
BALONMAN TUI (26): Noemí e María (gardaredes), Maria (2), Andrea (4), Pilar, Susana (7) e Nerea (7), Rocio, Caterina, Andrea,Maria,Bego (6) e Alba.
BALONMAN ENCAIXE CAMARIÑAS (27): Sara e Miriam (gardaredes), Maria (6), Barreiro (2), Vero (4), Sande (3), Caamaño (3), Laura (9), Laura Castro, Agueda.