1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
No puido ser, o Camariñas quedouse as portas do doblete, despois de conquerir a liga a semana pasada, esta fin de semá en Ourense foi a disputar a final “four” da Copa da Federación Galega de Balonmano. O primeiro partido, era sobor do papel o mais complicado, xa que enfrentaba nas semifinais ao primeiro e segundo clasificado da liga regular. O Camariñas Conservas Boya contra o Porriño Galserco. O partido de semifinais foi un dos mais bonitos da tempada, donde os dous equipos deron mostras de calidade e de recursos balonmanísticos, pero ao final o millor xogo do Boya impúxose merecidamente a un Porriño que nunca baixou os brazos. Un bon partido preparatorio para a vindeira fase de ascenso.

Porriño 22 - Camariñas 26  (13-12 e 9-14)


PORRIÑO: Domínguez e Guedes; Correa(2), Barros(3), Baldo(1), Cabaleiro(1), Elexpuru, Candal(3), Gilsanz(1), Seijo(1), Rodríguez(2), Pereira, Gonzalo(4), Pereiro(4), Calvas, y Debén(1).
CAMARIÑAS: Bruno e Víctor; Fary(9), Eusebio, Jaime, Checho(2), Quin(1), Damián, Fabio, Catalán(10), Héctor(1), Perón, Antelo(2), y Xavi(1)

A final, contra o equipo locatario, tivo duas fases claras, a primeira, a forza do Camariñas que se fixo co arranque do partido, ata 1-6, para despois o Ourense irse achegando pouco a pouco ata nivelar o partido. A segunda fase foi de completa igualdade, ao que axudou o cansancio que tiñan os dous equipos despois das duras semifinais que xogaron os dous equipos. O Camariñas non puido despregar o seu xogo rápido, pois atopouse con unha defensa ben organizada e contundente, votando de menos aos dous extremos titulares, que non puideron xogar por lesión Alan e Quin, este último xogou uns minutiños en cada partido para probar o seu estado de recuperación. Tivo que xogarse prórroga para determinar o campión

Ourense 24 - Camariñas 23 (12-11, 8-9 e 4-3)


OURENSE: Diego e Rubén; Campos(1), Noguerol(5), Borja(1), Varela (1), Carausan, Nieto, Xurxo (5), Alonso, Novoa (5), Sabas, Jose (3), Barreiro (1) y Alejandro  (1)
CAMARIÑAS: Bruno e Víctor; Fary(2), Eusebio, Jaime(1), Checho(1), Quin(2), Damián, Fabio(2), Catalán (9), Perón(1), Antelo(2), Xabi (3) y Héctor.

Campión de liga e subcampión de Copa, non e mala renta para presentarse as fases de ascenso nacionais, cuias sedes están ainda por determinar, coñeceranse esta semana.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.