1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Este sábado 18 de abril un puñado de rapaces camariñáns conseguían realizar un fito na historia do deporte de toda a Costa da Morte ao conseguir por segunda vez na sea historia o título de liga da 2ª División Nacional de Balonmán. Un equipo dun pobo pequeno e conformado íntegramente por rapaces da canteira provintes das escolas de balonmán da nosa vila e comandados por un adestrador de Camariñas e da casa como é Monchiño tiñan unha cita co destino na cancha do Sar en Redondela. Non estaban sós, un autobús repleto de siareiros acompañaron aos héroes bicampeóns e estes souperon recompensarllo gañandolle ao Sar de redondela na súa propia casa por un global de 19 a 29 e culminando deste xeito unha espectacular e colosal temporada coa consecución do título ligueiro que outorga aos rapaces camariñáns a oportunidade de desputar como un dos favoritos a fase de ascenso a 1ª División Nacional. Dende Camarinas.eu non podemos máis que mostrar a nosa admiración e orgullo por toda a plantilla sen esquecernos tampoco do arduo trabajo levado a cabo pola directiva do CB Camariñas Conservas Boya e darlles a nosa máis emotiva noraboa pola consecución de semellante logro para o Concello de Camariñas e por extensión a toda a Costa da Morte. Noraboa rapaces!

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.