- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 13 Febreiro 2008 13 Febreiro 2008

Camarinas.eu ten a proba de que ninguén do público saltou á pista durante a tangana
Ante as últimas declaracións do entrenador do Atlético Novais Nikolai Tsybanev nas que acusa a parte do público asistente ao partido que enfrontaba no pavillón municipal ao CB Camariñas e o Atl. Novais de saltar á cancha coa intención de agredir aos xogadores do equipo de A Guarda, camarinas.eu decide publicar as fotos que demostran que a tangana únicamente se produxo entre os xogadores e os técnicos dos dous equipos despois do brutal intento de agresión do xogador do Atlético Novais sin que ninguén do público saltara á pista.
Declaracións de Felipe Santos, xogador do CB Camariñas e do adestrador do Atlético Novais Nikolai Tsybanev:
Felipe Santos, xogador xaviñán do CB Camariñas: "Eu tiña o balón no lateral dereito, intentei pasalo a un compañeiro, entón o avanzado do equipo rival recuperou o balón. Xa na nosa área quixen darlle ao balón pero empurreino un pouco e el caeu ao chan. Eu xa sabía que ía ser ser obxecto de exclusión minimo por dous minutos, e como quedaban apenas trinta segundos fun directo cara o banco. Nese momento escoitei ao noso porteiro berrar: "¡cuidado, cuidado!". Xireime e vin un xogador que me quería dar por detrás. Logo montouse toda a pelea. Veu cara a min co puño, e grazas que me separei que se non dábame en toda a cabeza".
Nikolai Tsybanev, técnico ruso do Novás: "Los árbitros pitaron todo el partido a favor del Camariñas, quizás porque tenían miedo porque creo que alguno ya le dieron allí unas hostias. Estábamos perdiendo de cuatro casi todo el partido y al final robamos tres balones seguidos. Faltando unos 30 segundos, hubo una entrada fuerte de un jugador rival. Uno de mis chavales se levantó de la pista y empujó al otro. En ese momento saltaron de la grada varias personas, también del banquillo, a repartir hostias. Los árbitros se marcharon sin decir nada. Si la gente no hubiese saltado a la pista, la cosa hubiese quedado entre los dos equipos, pero lo más feo de todo es que el público fue a darle al chaval, que no es tan fuerte. Y aunque lo fuese, uno contra veinte no puede hacer nada".








Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.