1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Nova derrota do Encaixe na cancha do Bueu onde as de Camariñas, unha semana máis, vense resentidas polas lesións: Sara Carril, Cristina Barreiro, Aida, Laura… Non comezaba ben o encontro onde o ataque do Camariñas non atopaba o gol. Gracias a diversas paradas de Sara o marcador non se disparou permitindo a éstas na segunda parte seguir loitando e acortando distancias. As pontevedresas atopaban claras situacións en ataque. Pola contra, un número elevado de erros  no pase e toma de decisión fronte a portería rival carácterizaron o xogo das palilleiras. Destacar o xogo da pivote Verónica e a actuación da gardaredes Sara.  O Encaixe baixa un posto na clasificación e pasa o 5º lugar por debaixo do Rasoeiro, enfrentándose a vindeira fin de semana o 3º clasificado, Sar de Redondela. A victoria deste encontro permitiría o Camariñas loitar por esa cuarta plaza na 1º Autonómica Feminina.

SERVIAUTO BUEU ATLÉTICO 27: Paula (gardaredes), Antía (5), Aida , Sonia (3), Laura,  Lara (4), Sara (6), Tarea (3), Andrea, Antia, Lucia (1), Tamara, Laura e  Laura (5).

BM. CAMARIÑAS 21: Sara e Gloria (gardaredes), María (4), Cristina Barreiro (2), Andrea, Aida (1), Nerea, Verónica (2), Cristina Caamaño (3), Laura Rodriguez (7), Tinita e Cristina Sande (3).

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.