1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Se hai unha persoa volcada có fútbol de canteira e traballando día tras día cos rapaces do Concello de Camariñas, ese non é outro que José Vicente Castiñeira Tajes, ou Vi, como él quere que lle chamen e como é coñecido por todos nós. Vi é unha persoa enamorada do fútbol, que xogou tanto nos xuvenís como nos maiores do equipo do Camariñas de fútbol e donde nunca o tivo fácil, pois antes dábaselle máis importancia a forza física que agora, e nese particular, o noso Vi perdía, pero gañaba tanto técnica como psicolóxicamente e ahí estaba a súa forza, ese non rendirse ante as adversidades e domostrar a súa valía pese a tódalas trabas que se encontra polo camiño. Pero se hai algún deporte no que destacou e no que sobre todo disfrutou e gañou, ese non foi outro que no fútbol sala, có seu "Ajax de Castelao" que sería unra refencia comarcal no mundo do fútbol sala, e o número dez de ese equipo non lle correspondía a outro que non fose Vi, un home que é coñecido e admirado alá por donde vaia.

Unha vez colgadas as botas, Vi observou que Camariñas e o seu Concello necesitaban coidar dunha canteira que sempre dou os seus froitos, dende a época de Jamela, Juan Penedo, Juan Ramón, Pichurri, Camuel, Pepe de Fela, Panadeiro..... pasando polos Jose Triñáns, Tito Triñáns, Víctor Jransolo, Cotiño, Pepucho, Jose de Marta, Guillermo, Tono do Atlántico, Nando... e ata os momentos actuais, o material futbolístico era do mellor da Costa e agora estaba abandonado por todos e non podía ser así. O que pasou despois, a aparición de As Baleas, cóntanolo él, Vi, un amigo dos de verdade, unha persoa coas ideas claras e que fala claro e directo, como ten que ser...

- ¿Cómo foi a idea de crear As Baleas?
- Todo partíu dunha iniciativa que iniciaran dous pais duns rapaces que xogaban moi ben ao fútbol e que fixeron un equipo para ir ao maratón das estrelas de Cee, o difunto do "Cotiño" e un empresario hostelero local como é Soto.
Había unha liga creada na costa e eles tiñan un equipo fantástico, dunha xeración que puido disfrutar pouco desa competición porque para eles era descoñecida.
Vista a fantástica idea que tiveron eles, decidimos comezar con As Baleas, pero cun problema, con sete anos de retraso respecto a outros equipos de outros concellos que levaban xogando nesa liga.
-¿Quenes formades As Baleas actualmente?
- Actualmente está formada por unha serie de pais e nais dos rapaces que xogan nas Baleas e que colaboran desinteresadamente para que este proxecto siga con vida, e iso é de agradecer, sen eles, sería moi complicado que todo funcionase ben.
Tamén teño que decir que sempre houbo xente que colaborou desinteresadamente e que fixo un gran labor como é o caso de Faus e agunha persoa máis.
- ¿Cántos equipos e Cántos rapaces formas As Baleas?
- Equipos temos catro de fútbol e tres de fútbol sala. En total uns 70 rapaces máis ou menos, que iso é un gran número se temos en conta os habitantes que ten o Concello. Por eso se demostra que canteira haina e ahí están os números.
- ¿Qué patrocinadores colaboran coas Baleas?
- Xa fai uns anos que non nos movemos con patrocinadores, iso foi sobre todo no inicio e doulles as gracias a todos eles pola colaboración. Actualmente son os organismos públicos coas subvencións que nos dan (que cada ano van a menos) os que nos axudan, pero antes de recibir esas axudas, xa temos o doble de cartos empregados e facturados por banco. Un patrocinador privado que arrimou o hombro voluntariamente dándonos as sudaderas foi Frigoríficos Canosa ao cal lle dou as gracias e estou agradecido.
- ¿Qué axudas crees que son claves e que necesitaríades para seguir crecendo?
- Necesitaríamos moitas cousas se nos fixamos no que teñen outros equipos de outros concellos, pero xa sabemos como están as cousas, por iso digo que a principal axuda é a das familias, o compromiso desas familias que queren que os seus fillos xoguen ao fútbol, porque ao final todo o Concello e parte da bisbarra sabe quenes somos e o que facemos.
- Centrándonos xa en aspectos máis concretos, ¿cáles son os valores a inculcar nos nenos?
- A miña idea baséase en facer entender uns valores tales como a disciplina, esforzo e traballo diarío fundamentales non só para xogar ao fútbol, se non tamén para afrontar unha convivencia diaria na que o respeto é clave na vida diaria de cada un de nós.
- Centrándonos xa en temas máis futbolísticos, ¿Con qué ideal de xogo te sintes identificado e levas a cabo cós teus equipos e cal foi o equipo ou persoa que influiu para  levalo adiante?
- Eu nese aspecto teño moi claro, aposto claramente por un fútbol combinativo, que implique que se toque unha e outra vez o balón buscando triangulacións e tratando de  chegar a área rival, todos a unha!, todos comprometidos e implicados en que o fútbol combinativo é a nosa idea de xogar ao fútbol. Guardiola a nivel individual e o fútbol que facíamos co Ajax de Castelo a nivel equipo, foron claves na miña idea futbolística.
- ¿Qué sintes cando un equipo teóricamente de máis nombre por decilo de algunha maneira, ficha a un xogador de As Baleas?
- É algo ao que nuca me acostumarei e paso moi mal cando deixo de ter ao meu carón a  un neno ao que vin crecer e que sei que xa non o vou a ter conmigo, ahí e cando penso que algo falla e é moi difícil de asimilar. Para ser máis competitivos non se debería de desestabilizar desa maneira a un clube.
- ¿Qué esperas esta tempada dos teus equipos das Baleas?
- Como son optimista por natureza, espero aspirar a todo con cada un dos equipos, e aspiro a todo porque teño uns nenos que son fabulosos!.

TEST PERSOAL:


1- Equipos nos que xogaches.
- Camariñas xuvenil, Camariñas, Ajax de Castelao e moitos equipos máis de fútbol sala
2- Momento deportivo que máis recordes.
- Varios,ser campeón de liga cos xuveniles e xogar en preferente, torneos gañados có Ajax de Castelao.
3- Ídolo futbolístico.
- Diego Armando Maradona.
4- Un equipo
- As Baleas
5- Un coche.
- Audi A3
6- Unha colonia
- Loewe
7- Marca deportiva
- Nike
8- Unha película.
- Oficial y Caballero
9- Grupo musical.
- U2, Police, AC DC
10- Unha canción.
- Every breath you take de Police
11- Un actor.
- Richard Gere
12- Unha actriz.
- Bo Derek
13- Unha comida.
- Tortilla
14- Unha bebida.
- Auga
15- Un gol.
- O de Maradona a Inglaterra no mundial de México 86.
16- Unha cidade.
- A Coruña
17- Recuncho favorito de Camariñas.
- As praias de reira
18- Unha festa.
- As do Carmen de Camariñas.
19- Un refrán.
- Fai o ben e non mires a quen.
20- Un desexo.
- Que desaparezca o medo...

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.