1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
As camariñanas viaxaban con dúas baixas importantes: Karina e a gardaredes Sara por motivos personais. O encontro presentábase a favor do equipo local que están un posto por encima na clasificación. Durante os minutos iniciais o  Encaixe foi quen de manter a compostura en defensa ainda que diversos erros foron aproveitados polas locais. En ataque as palilleiras atopaban ocasións claras de gol que non convertían debido as númerosas intervencións da guardameta rival poñéndose as locais cunha diferencia importante no minuto 20 cun 12-4 chegando o descanso cun 14-6. Na segunda parte a tónica foi outra xa que as do Encaixe convertían eses lanzamentos claros en gol chegando a acortar a diferencia no marcador.  Pero o Balonmán Porriño aproveitando  as acción individuais das súas xogadoras foi quen de quedarse cos dous puntos na casa e deixando un marcador final nun 21-19.

BM PORRIÑO (31): Mº Del Carmen (2), Ana (1), Sheila, Marta (4), Andrea (3), Sabela, Mónica (10), Uxía, Lucía (3), Nuria (5), Claudia,Genma (1), Andrea, Laura, Candela (2).
B.M. CAMARIÑAS: Miriam, Laura (1), Cris Barreiro (2), Sara (8), Aida (5), Cristina Caamaño, María (1) (E.I.), Verónica (1), Nerea (1), Cristina Sande, Isabel y Laura castro.

Foto portada: Facebook Balonmán Camariñas

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.