1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O encontro presentábase igualado xa que os dous equipos obtiñan similares resultados nos diferentes encontros da categoría.  As camariñanas presentaban a baixa da extremo zurda Karina por problemas de saúde.  O equipo visitante saíu moi centrado tácticamente tendo en conta o plantexamento feito para dita xornada. Moita igualdade durante os primeiros minutos onde a adestradora do Encaixe pediu un tempo morto pa correxir pequenos desaxustes defensivos. Minuto 20 do encontro as do Encaixe póñense por diante no marcador para irse ó descanso cun 8-11 a favor. 

O equipo saiu moi concentrado na segunda parte e sabendo o que tiñan que facer en ataque e cunha sólida defensa o cal adiantou o equipo para agrandar a diferencia no marcador ata acadar unha renda de 11 goles 11-21 acadando un resultado final 15-22. As continuidades de balón permitiron ás xogadoras chegar con ocasións claras de gol que nos desaproveitaban.  A “ xoven” veteranía do equipo camariñan permitiu levar con dominio os dous puntos do encontro. “Foi un derbi moi esperado por todos, as nosas xogadoras saíron moi centradas e logramos conducir o encontro levando as rendas en todo momento, dirixidas polas nosas centrais que seguiron perfectamente o plantexamento do encontró . Esta victoria sírvenos para afianzar confianza e afrontar os siguientes encontros con positividade” afirma a adestradora do Encaixe.

Goldie Xiria: Brenda (Aida);Juana (6),Zeltia (2),Jesica,Marta (3), Adriana, María-equipo inicial- Natalia (2),Tamara (1),Sara, Cristina, Patricia, Raquel (1), Ángela y Sheila.
Encaixe Boya: Sara (Miriam); Laura (6), Cris Barreiro, Aida (6), María (2), Sara (5), Nerea (3)-equipo inicial- Cris Sande, Vero, Tina, Cristina Caamaño, Andrea e Isabel.

Foto - Sandra Pérez Gerpe

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.