1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Xornada na que non houbo ningunha victoria dos nosos equipos na Liga da Costa con empates do Camariñas e Camelle e derrota do Porteño. En xuvenís unha de cal e unha de area, victoria do Porteño e derrota do Camariñas. As Baleas de Vi caeron pola mínima en Cee nun partido que puido acabar caendo de lado dos nosos.

LIGA DA COSTA


CAMARIÑAS 1-1 OUTES
Empate dos de Gerpe nun encontro no que o preparador Camariñán tivo que facer encaixe de bolillos coa convocatoria debido a plaga de baixas coas que conta, pese a todo e como ven sendo habitual, os Camariñáns sairon sen complexos e a pesar de que nos primeiros minutos o Outes marcaba de penalti, os de Gerpe non se viñeron abaixo e pronto empatarían o partido cun gol de Sule que minutos despois tivo que ser sustituido por unha lesión, outra máis e xa se perdeu a conta das que van.
Mereceu máis o Camariñas que tivo ocasións para levarse o partido pero por desgracia non acertou de cara a porta rival. Está sendo o pecado deste Camariñas que lle custa facer gol, pois en canto a xogo, está sendo mellor que os rivais.
Necesita sacar un resultado positivo o Camariñas fora da casa para escapar dos postos baixos da clasificación nos que se atopa e terá oportunidade de facelo a vindeira xornada na que visitará ao Baiñas.

CEE 0-0 CAMELLE
Valiosísimo o empate que sacou o Camelle de Varu na súa visita e Cee onde tan só puido cantar con 12 homes debido a gran cantidade de baixas coas que conta. A pesar das baixas, o Camelle fixo un gran partido, sobre todo na primeira metade onde foi mellor que o equipo local, dominando o xogo e tendo ocasións para poder marcar.
Na segunda metade, o Camele acusou o esforzo e replegouse para tratar de non encaixar e aguantar as acometidas do Cee que veu como o Camelle aguantou a súa portería a cero acadando así un punto de ouro.
Segue en liña ascendente o Camelle e ten que facer bó ese punto acadado en Cee vencendo a próxima xornada no Rodeiro ao Zas, un dos galos da categoría.

ZAS 2-0 PORTEÑO
Derrota do Porteño do Roski ante un dos equipos que loitará polo ascenso como é o Zas.
Partido moi disputado onde o Porteño controlou ao Zas e donde puido adiantarse no marcador pero a pelota non quixo entrar nunha ocasión para os da Ponte do Porto cando o resultado era de cero a cero. Antes do descanso chegaría o primeiro gol dos locais que entraría con moita fortuna despois de que o balón tropezara nun defensa Porteño.
Na segunda metade o Porteño intentou o empate pero non foi quen de conseguir anotar e quen o faría sería o Zas que marcaría o segundo matando o encontro e deixando sentenciado o partido.
Toca olvidar a derrota e centrarse na próxoma xornada onde o Porteño recibirá ao Cabana.

LIGA XUVENIL


PORTEÑO 3-0 CORME (a próxima xornada o Porteño xogará en Zas)
CAMARIÑAS 4-5 PONTECESO (a vindeira semana o Camariñas recibirá ao Malpica)

LIGA CADETE


CEE4-3 AS BALEAS ( a próxima xornada os de Vi recibirán ao Fisterra)

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.