- Escrito por juan cabrejo juan cabrejo
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 22 Outubro 2014 22 Outubro 2014
Unha nova xornada marcada pola fatal noticia da grave lesión do gardamallas do Camariñas José Luis que no último treito do partido que enfrontaba ao Camariñas e o Fisterra, un choque fortuito entre él e un xogador Fisterrán, deu como resultado a rotura do pómulo do gran porteiro Camariñán. José Luis xa foi operado e parece que todo saliu ben. Aproveitamos para desexarlle unha pronta recuperación e mandarlle moitos ánimos dende Camarinas.eu. Polo demais, a xornada veu marcada polas victorias do Camariñas e Porteño que venceron ao Fisterra e ao Montelouro respectivamente, mentres que o Camelle caía con rotundidade ante o Castriz. Pola súa parte, os cadetes das Baleas, caeron ante o Corme a domicilio sumando a segunda derrota da tempada para os de Vi. Os xuvenís do Camariñas e do Porteño perderon na casa ámbolos partidos ante Cabana e Ponteceso.
LIGA DA COSTA
CAMARIÑAS 2-0 FISTERRA
Victoria do Camariñas de Gerpe que acada deste xeito a segunda da tempada, nun partido moi disputado e moi traballado por uns e outros pero no que os Camariñáns foron en liñas xerais máis dominadores do xogo e no que a puntería dos de Gerpe e Baña foi clave para levarse os tres puntos.
Os goles de Mario Toja e de Ismael un en cada tempo, déronlle os tres puntos a un Camariñas que necesitaba a victoria para escapar dos postos baixos da clasificación e coller folgos para próximos partidos nos que os da terra do encaixe teñen que sumar para tratar de chegar aos conxuntos que están situados nos primeiros postos da táboa clasificatoria.
A nota negativa foi a lesión de josé Luis, o gran porteiro Camariñán sufríu unha lesión na súa cara, concretamente no pómulo, que lle fixo pasar polo quirófano, mala sorte para José Luis ao que lle desexamos unha pronta e boa recuperación para velo de novo facer o que máis lle gusta, que é xogar ao fútbol. ÁNIMO JOSÉ LUIS!!!!!!!!!!
A vindeira xornada o Camariñas xogará a domicilio ante o Volantes de Baño.
MONTELOURO 1-2 PORTEÑO
Victoria a domicilio do Porteño do Roski ante o Montelouro, conxunto que lle puxo as cousas complicadas ao Porteño e que mesmo tivo que remontar un marcador adverso.
Tiña estudiado ao rival o adestrador Porteño Roski, cun plantexamento intelixente e eficaz de preparar contras mortais e as xogadas a balón para que son claves en calquera liga e obter así os froitos do plantexamento onde o Porteño repúxose ao tanto inicial dos locais para empatar xusto antes do descanso por mediación de Wii.
Trala reanudación, os locais intantaban levar o peso do partido pero o Porteño esparaba e contrarrestaba a un rival que viu como a falta de dez minuts, Carlos do Meu Lar marcaba o segundo para os da Ponte que lles daría tres puntos de ouro que sitúan ao Porteño na zona media da táboa.
A próxima xornada o Porteño recibirá na Grixa ao Cee.
CASTRIZ 7-1 CAMELLE
Derrota do Camelle de Varu ante o Castriz nun partido no que novamente a gran cantidade de baixas do equipo Camellán influiu negativamente que que Varu e os seus trataran de traer algo positivo dende as terras do Xallas.
Está o Camelle atravesando por unha racha nefasta en canto a lesións e mesmo o porteiro suplente tivo que xogar como dianteiro ante a falta de efectivos.
Non tico moita historia o partido xa que o Castriz foi superior e o marcador xa o di todo.
O gol do Camelle foi marcado por Mario ao transformar un penalti.
Necesita recuperar efectivos para afrontar con máis garantías os vindeiros compromisos ligueiros e así tratar de sumar os primeiros puntos da tempada.
A vindeira xornada o Camelle recibirá no Rodeiro ao Montelouro.
LIGA XUVENIL
CAMARIÑAS 1-4 CABANA (a próxima xornada o Camariñas visitará ao Baio)
PORTEÑO 1-2 PONTECESO (a vindeira xornada o Porteño xogará a domicilio ante o Malpica)
LIGA CADETE
CORME 3-0 AS BALEAS
Segunda derrota dos de Vi, desta vez ante o Corme nun partido donde As Baleas non dou o nivel que atesouran os seus rapaces e non puido traer nada positivo de terras Cormelanas.
Necesita olvidar canto antes esta derrota e seguro que Vi traballará arreo esta semana para correxir erros e cargarlle as pilas aos seus para que na próxima xornada na que recibirán ao Muxía, volvan a senda das victorias.
