1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Este pasado sábado as 20:00 o equipo camariñan recibía a un BM Lavadores mermado. O encontro presentábase fácil a priori pero a falta de acerto nas accións convinativas e os erros de lanzamento facían imposible que o equipo entrara no partido. A primeira parte do partido foi un cúmulo de erros non forzados que fixeron entrar o equipo nunha mala dinámica, chegando a tal punto que se marchou o descanso con 6-11 a favor das viguesas.

O descanso sentoulle un pouco mellor as xogadoras do Camariñas que na segunda parte fixeron valer o seu potencial dándolle a volta o partido. Os plantexamentos melloraron e as accións convinativas parecía que pouco a pouco ían collendo forma, chegando a un final 19-16. Destacar a baixa da porteira Sara que por motivos persoais ausentouse, dándolle asi todo o protagonismo a porteira xuvenil Míriam, que pouco a pouco ten que ir collendo minutos xa que esta destinada a ser o futuro da porteria.

BM Camariñas: Míriam,  Oanes, Barreiro(1), Aida (3), S.Carril (7), Nerea, Verónica, Cris Sande (2), Cris Caamaño, Laura (2), Andrea, Karina (4), Cris Blanco.
Las 5 jotas Lavadores: Clara, andrea(3), Sheila, Estefania (5), Jennifer (1), Alba(6), Lucia, Andrea, AnaMª, Monica, Paula, Ana, Natalia, Paula, Patricia, Ana (1)

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.