1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Terceira xornada de liga que non foi positiva para os nosos equipos xa que tan só o Camariñas foi quen de sacar un puntiño ante o Seaia no Hermanas Patiño, un punto que sabe moi pouco debido as ocasións que desperdiciou o Camariñas para levarse os tres puntos. Camelle e Porteño perderon as súas batallas en Ponteceso e Mazaricos respectivamente. Ámbolos conxuntos acusaron e moito as baixas coas que contaban e non puideron dar o mellor de si para acadar algo positivo. Os cadetes de As Baleas, lograron a victoria ante o Outes e levan pleno de vivtorias ata o de agora, os de Vi suman dous partidos gañados en duas xornadas disputadas.

LIGA DA COSTA


CAMARIÑAS 0-0 SEAIA
Empate do Camariñas de Gerpe ante o Seaia nun partido disputado no Hermanas Patiño e no que os Camariñáns foron mellores e tiveron ocasións pero non foron quen de perforar a portería rival e o resultado sería o mesmo que ao inicio do partido. O porteiro rival foi o mellor xogador do equipo rival facendo paradas de mérito.
Segue mellorando xornada a xornada o equipo de Gerpe e Baña, pero necesitan dar un pasiño adiante máis para lograr esa primeira victoria que lles quite un peso de encima e lles de aires e confianza que é moi necesaria para gañar os partidos.
Suma deste xeito o Camariñas o seu primeiro punto no casilleiro a espera da vindeira xornada onde tocará derbi, o campo de A Grixa vestirá as súas mellores galas para a disputa do seu primeiro derbi da tempada, Porteño e Camariñas enfrontaranse nun partido apaixoante donde haberá máis que tres puntos en xogo.

PONTECESO 2-1 CAMELLE
Derrota do Camelle de Varu nun partido que estaba condicionado dende o principio polas baixas coas que contaba o Camelle e que foron determinantes.
Non foi un bó primeiro tempo dos Camelláns xa que nesa primeira metade encaixaría os dous goles que recibiría no partido.
Todo cambiaba na segunda metade, os de Varu estiraríanse e irían a por todas, acorralando ao Ponteceso na súa propia área, deste xeito acurtarían distancias por mediación de Mario que transformaría unha pena máxima. Nos minutos finais, o Camelle tería ocasións para empatar pero por desgracia as ocasións non entraron e o Camelle voltaría de baldeiro dende a terra de Pondal.
Necesita recuperar efectivos Varu para afrontar os partidos con máis garantías de acadar resultados positivos e así poder lograr a primeira victoria da tempada que de seguro vai chegar a próxima xornada na que recibirán no Rodeiro ao Mazaricos.

MAZARICOS 4-0 PORTEÑO
Derrota do Porteño do Roski en Mazaricos onde ao igual que ocurrira có Camelle, as baixas coas que viaxaban os da Ponte do Porto foron clave ante unha derrota inapelable.
O Porteño nunca estivo no partido, saleu ao campo en corpo pero sen alma, e o Mazaricos xogou ao seu antoxo e manexou o partido como quixo, levándose finalmente os tres puntos con moita comodidade.
Necesita o Porteño olvidar este encontro para centrarse no derbi que disputará ante o Camariñas, un derbi que os da Ponte afrontarán con tres puntos máis que os Camariñáns  e iso pode xogar ao seu favor, xa que teñen "millo no hórreo" e son os de Gerpe os que necesitan unha victoria para sair dos postos baixos da táboa clasificatoria.

LIGA CADETE


AS BALEAS 3-1 OUTES
Victoria dos rapaces de Vi que gañaron con claridade a un Outes que veu como os Camariñáns eran mellores e polo tanto merecedores de levarse os tres puntos.
Duas xornadas disputadas e pleno de victorias para as Baleas que a vindeira xornada voltará a xogar no Hermanas Patiño no que recibirá ao Sofán.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.