1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Despois das vacacións de veran, os equipos “Senior” feminino e masculino, do Club Balonmán Camariñas – Conservas Boya comezaron a pretempada esta semana, un ano mais onde a canteira local segue a ser a base dos dous equipos.

O equipo feminino xa comezou, e con bo pé, a xogar a copa de Galicia, e o 21 de setembro inicia a liga regular do grupo II de Primeira Autonómica Feminina.

O masculino, comeza a disputar a copa o 14 de setembro, e a liga de Primeira División Autonómica, o 5 de  utubro. Os calendarios das competicións senior xa están colgados da páxina web da Federación Galega de Balonmán.

Este ano presentaranse en datas próximas, xa se comunicará con antelación, os equipos Senior Masculino, Senior Feminino, Xuvenil Feminino, Cadete Feminino, Infantil Masculino, Infantil feminino, Alevins mixto, Benxamins mixto e Prebenxamins mixto.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.