- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 21 Agosto 2014 21 Agosto 2014
Este domingo as rapazas do encaixe tiñan as primeiras sensacións de competición despois de 2 duras semanas de traballo. Neste caso foi en salceda ante o equipo do BM Caselas, dado que se disputaba a eliminatoria de copa Galicia.
Por parte das xogadoras do Camariñas había diferentes novidades con respecto á tempada anterior. Por unha parte a xogadora Mónica Barreiro volve tomar as rendas do equipo dende o banco, incorporados ao equipo sénior 2 novas porteiras, unha xa coñecida do club Sara e outra procedente da base Miriam, asi como a xogadora de campo Andrea que despois de varios anos apartada das pistas decidiu a súa volta ao equipo. Cabe destacar o papel importante que teñen todas a xuvenís que este ano participasen.
A primeira parte do partido desenvolveuse coas accións propias destas datas, moitos erros de pase e toma de decisión, asi como clara descoordinación por parte dos 2 equipos. Durante esta 1ª parte viuse un dominio pola mínima do equipo camariñan, que notaba as duras sesións de adestramento nas súas pernas.
Durante a segunda parte a tónica xeral do encontro foi idéntica, alternando resultados de 1 arriba 1 abaixo, chegando asi ata o final do partido no cal os 2 equipos quedarían igualados a 24 goles. Dado que era unha eliminatoria tivéronse que disputar 2 partes de 5 minutos para saber quen se levaba o encontro. As boas paradas da porteira Sara, asi como a exclusión dunha das xogadoras do Caselas, foi o que deu a marxe de 1 gol ás xogadoras do Encaixe para finalizar cun 27-28.
Destacamos as boa actuación das gardaredes que realizaron intervencións en momentos puntuais, asi como a achega en ataque da xuvenil Sara e a Pivote María, que souberon aproveitar para finalizar as boas continuidades do resto do equipo.
Esta vitoria é algo máis que iso, xa que dará ás xogadoras do Encaixe a oportunidade de recibir na súa casa ao 5º clasificado da ABF, máxima división feminina nacional, equipo clasificado para a disputa de competición europea. Todo un premio para todas as persoas que fan e fixeron que este proxecto do balonmán feminino siga dando os seus froitos.
BM Caselas: Silvia (3), Carol (1), Elena (3), María , Ana (2), Lorena, Aida (7), laya, Antia, Sara (3), Iris, Patri (8)
Encaixe: Miriam Y Sara (P) María (4), C. Barreiro (2) Aida (4), Judit, Sara (9), Nerea (1), Vero, Cris Sande, Cris Caamaño, Laura (6), Karina (2), Tinita, Andrea, Isa
