1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Con gran éxito de público e participantes ven de celebrarse este pasado sábado 2 de agosto de 2014 en terras camellanas o que foi o I Torneo de Volei Praia Comarea. Foi, tal que o como indica o seu propio nome, organizado pola xove asociación camariñana Comarea que volcada na celebración do evento co apoio inestimable do Concello de Camariñas, acadou un notable éxito nesta primeira edición. O galardón tras vibrante final foi a caer alá por onde empeza Xaviña según un sae de Camariñas, na Curva do Rojo, en concreto para o equipo patrocinado polo asador que foi quen de legar o seu nome a todo un tramo automovilístico, non exento de certa complicación eso sí. Esperando xa por unha segunda edición deste evento deportivo non queda senón felicitar a organizadores e gañadores.

I TORNEO VOLEI PRAIA COMAREA
O I Torneo Volei Praia Comarea disputouse en Camelle este sábado día 2 de Agosto. Nel participaron un total de 10 equipos (6 Camariñas, 2 Camelle, 1 Ponte do Porto e 1 do País Vasco). O troneo estuvo amenizado coa música dos Dj´s F&A. A xornada dividiuse en dúas partes, unha pola mañá de 12 a 14:30 horas e pola tarde de 15:30 as 20 horas. Os equipos da Lumarea e Parrillada Rojo foron os finalistas desta primeira edición, co resultado final de 2 sets a 1 para a Parrillada Rojo. A clasificación final foi a seguinte
1- PARRILLADA ROJO; 2- LUMAREA; 3- DRINK TEAM; 4- CAFÉ BAR PAMPÍN; 5: ¡A FREGAR!; 6: MÓNICA-ANA-FER; 7: EQUIPO A; 8: CAMELONDON; 9: PARA MARIÑEIROS NOS; 10: LOS VASCOS.
O TROFEO DJ´S F&A MELLOR XOGADOR COMAREA foi para Xabier Canosa Ferreira (Lumarea).
Os encargados de entregar os trofeos foron Sandra Insua (Tenente Alcalde do Concello de Camariñas), Juan Carlos (Concelleiro Concello de Camariñas) , Fabián Canosa (Asociación Comarea), Alberto Más (Asociación Comarea).
Desde Asociación Comarea queremos agradecer ao Concello de Camariñas, Juan Carlos, pobo de Camelle, Cafeteria Oasis, Bar Marítimo, Bar Molinera, Dj´s F&A, Diego Carril, Dani Cabrejo, Xogadores inscritos, público, e todas aquelas persoas que nos deron o seu apoio por toda axuda mostrada e darnos a oportunidade de comezar a nosa andadura organizando eventos de este índole para todo o Concello de Camariñas. Grazas a todos e todas que participastes de algunha das maneiras no I Torneo Volei Praia Comarea.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.