- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 25 Mai 2014 25 Mai 2014
Dende que a puxera en marcha Juan Manuel Cabrejo Pasantes nas súas épocas de concelleiro de deportes, a Marcha BTT da Caramiña cumpre xa a súa terceira edición como unha proba sinalada dentro do calendario ciclista. Ao decir dos entendidos posiblemente a máis dura de todas as que se confeccionan na Costa da Morte. O vindeiro 22 de xuño de 2014 terá lugar unha nova edición e si na súa xestación foi clave a presencia dun redactor de Camarinas.eu como Juanillo, esta redacción continúa co legado recibido e desta volta foi Diego Alonso Freire o encargado de realizar o seu cartel publicitario, sen embargo o peso principal do evento recae sobre os Baikers do Vilán que organizan a BTT ca colaboración do Concello. No día da cita as saídas comenzarán ás 9:30 horas e haberá dúas marchas: unha longa de 65 kilómetros e outra curta de 42, o tempo de corte será de 1 hora 20 minutos e o prezo de inscripción cubre a participación, o seguro, a comida e un pequeno agasallo. Será pois o día 22 de xuño cando Camariñas se convirta novamente no epicentro ciclista da Costa da Morte cunha proba que, ao decir dos entendidos, sobrecolle non só pola beleza das paisaxes polas que discurre si non tamén pola súa dureza.


Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.