1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Tan só unha victoria, a acadada polas Espartanas Camariñanas e un empate, o acadado polo Porteño, foi o logro que conseguiron acadar os nosos conxuntos nesta pasada xornada. No deporte rei, o Camariñas está con pe e medio na segunda rexional despois de perder cun rival directo, mentras que o Porteño empataba na Grixa e sumaba un  novo puntiño. O Camelle caía contundentemente no Rodeiro pero a afeción daba outra lección animando aos seus pese a derrota. No balonmán, as Espartanas conseguían outro traballado triunfo demostrando que van a por todas mentres o conxunto masculino Camariñán perdía no Areal diante do líder nun partido bronco.

FÚTBOL


PRIMEIRA REXIONAL
AMIO 2-1 CAMARIÑAS
Nova derrota dos de Berto snte un rival directo como é o Amio que fai que o Camariñas teña pe e medio na liga da costa.
Frouxo partido o feito polo Camariñas que ao remate da primeira metade xa perdía por dous goles a cero.
Na segunda meteda veuse unha mellor cara do Camariñas onde os xogadores demostraron máis gañas e crearon perigo pero tan só acadaron un gol por mediación de Martín, un gol que espoleou máis se cabe aos Camariñáns pero que a pesar de que o intentaron, non puideron traer nada positivo de Santiago.
Salvo un milagro o Camariñas está descendido pero os xogadores van a dalo todo ata que remate o último partido.
A vindeira xornada o Camariñas recibe ao Cordeiro.

SEGUNDA REXIONAL. LIGA DA COSTA
PORTEÑO 0-0 VOLANTES DE BAÑO
Empate do Porteño do Roski que lles serve aos da Ponte do Porto para sumar un puntiño máis neste treito final de liga.
Foi un partido pouco vistoso para o público congregado na Grixa, onde houbo poucas ocasións de gol, e esas poucas ocasións de gol foron creadas polo Porteño, polo que se aos puntos se decidise o encontro como no boxeo, o Porteño hubérase levado a victoria.
Ten a estas alturas de campeonato 32 puntos o Porteño que o sitúan no décimo posto da táboa clasificatoria á falta de oito xornadas para o remate da liga a situación do Porteño é tranquila e pode afrontar os partidos sen presión.
A próxima xornada o Porteño visita ao Buño.

CAMELLE 0-5 OUTES
Derrota do Camelle de Pupus no Rodeiro ante un rival que deixou o partido sentenciado aos 15 minutos de xogo, pois nese tempo, os da Serra meteron tres goles que deixaban o partido inclinado para o cadro visitante.
Non foi un bo día o que tivo o Camelle e iso veuse reflexado nun marcador final no que os de Outes remataron goleando aos Camelláns endosándolle cinco goles.
Mención especial á afición local, que pese a que o seu Camelle perdía por goleada, non deixou de animar durante os 90 minutos de xogo. Chapeau!.
Por outra banda, segue a Federación Galega de Fútbol maltratando económicamente a un club como o Camelle enviándolle linieres aos seus encontros como local, o que eleva a factura arbitral unha barbaridade, basta xa!!!.
A vindeira xornada o Camelle ten un partido importante, viaxa ata Muros para enfrontarse a un rival directo por evitar o descenso no caso de que haxa arrastres como é presumible que os haxa como é o Volantes de Baño.

OUTROS RESULTADOS FUTBOLÍSTICOS:
COPA DA COSTA XUVENIL - PORTEÑO 1-1 CAMARIÑAS (A próxima xornada o Porteño xogará en Baio mentres que o Camariñas visitará ao Castriz)
LIGA CADETE - AS BALEAS 0-2 CORISTANCO (A vindeira xornada As Baleas xoga en Muros)
LIGA DE VETERÁNS - PRIMEIRA DIVISIÓN  - DUMBRIA 9-0 CAMARIÑAS (A próxima xornada o Camariñas recibe ao Castriz)
LIGA DE VETERANS - SEGUNDA DIVISIÓN - PORTEÑO 2-3 AGUALADA (A vindeira xornada o Porteño xoga en Corcoesto)
LIGA DE VETERANS - SEGUNDA DIVISIÓN - CAMELLE 7-0 VIMIANZO (A próxima xornada o Camelle visita ao Leiloio)

BALONMÁN


PRIMEIRA AUTONÓMICA FEMENINA
TEUCRO 24-30 BALONMÁN CAMARIÑAS
Victoria das Espartanas Camariñanas ante un clube histórico como o Teucro, nun partido que se esperaba que fose máis complicado para as nosas do que en realidade foi.
Salvo uns primeiros minutos onde as Espartanas sairon a velas vir, e as locais mandaban no marcador por 6 goles a 3, o partido foi de dominio Camariñán e tras un parcial de 11 a 2 favorable as nosas, o marcador ao descanso era de 12 a 15.
A segunda metade foi de dominio visitante e o triunfo caeu finalmente de lado Camariñán con facilidade, máis da prevista.
Karen voltou a ser clave facendo paradas de porteira de categoría como o é ela, que está chamada a facer grandes cousas no mundo do balonmán femenino. Sara, Aida e Mónica con seis goles cada unha, foron as máximas goleadoras do partido.
A vindeira xornada as Camariñánas reciben as líderes, ao conxunto do Porriño, o Pavillón do Areal ten que levar en volandas as nosas!!!.

PRIMEIRA AUTONÓMICA MASCULINA
BALONMÁN CAMARIÑAS 25-28 A CAÑIZA
Derrota dos de Moncho ante un líder que non demostrou moita cousa, nun partido no que os colexiados permitiron moita brusquedade e foíselle das mans o partido dende o inicio do mesmo.
Quéixanse dende o clube Camariñán da pouca deportividade do equipo líder que continuamente provocaban aos xogadores locais para que estes entraran ao trapo e provocar exclusións.
Borja con 12 goles, foi o máximo anotador do encontro demostrando o gran xogador que é.
Derrota que rompe deste xeito unha racha de victorias que viñan acadando os nosos pero que non empañan o bo facer nunha liga moi disputada como é a primeira autonómica.
A próxima xornada o Camariñas visita ao At. Novás.

Isto foi todo canto dou a xornada, unha xornada pouco propicia en canto a resultados para os nosos equipos e na que coma sempre, CAMARINAS.EU, contouvos todo canto aconteceu cós nosos equipos.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.