- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 06 Marzo 2014 06 Marzo 2014
Nova xornada dos nosos equipos onde unha xornada máis, tivemos resultados de todo tipo. No fútbol o Camariñas perdeu un encontro no que o colexiado influiu no resultado cun arbitraxe moi caseiro, a can fraco todo son pulgas. Camelle e Porteño conseguiron empatar os seus encontros en Carnota e Outes respectivamente, sumando un valioso punto cada un dos nosos conxuntos. No balonmán, o equipo masculino gañou en Moaña nun partido onde os locais parecía que estaban xogando a outro deporte de loita, mentras que as espartanas viaxaron ata Ferrol para só xogar 13 minutos de encontro, a pista estaba mollada e as nosas querían xogar xa que viaxaran ata Ferrol, pero as locais non quixeron seguir cando o marcador era favorable as nosas por 6 goles a 8.
FÚTBOL
PRIMEIRA REXIONAL
BERTAMIRÁNS B 2-1 CAMARIÑAS
Derrota do Camariñas de Berto que se lle escapou un punto nos minutos finais, pois a falta de 2 minutos o resultado era de empate a un gol. Non mereceu caer derrotado o Camariñas nun partido onde empezou moi mal, facilitándolle as xousas ao rival, pero sobrepúxose e tivo máis opcións de gañar e donde o árbitro perxudicou ao conxunto Camariñán sobre todo no treito final do partido onde non quixo pitar un penalti clamoroso a favor dos nosos. O gol do Camariñas foi obra de Brais.
A situación cada xornada é máis complicada e mesmo os que dirixen o equipo xa falan con pesimismo e ven o futuro moi negro, pero mentras haxa vida hai esperanza a pesar de que as xornadas pasan e a situación non mellora. A vindeira xornada o Camariñas ten unha auténtica final, visita ao Amio.
SEGUNDA REXIONAL. LIGA DA COSTA
OUTES 1-1 PORTEÑO
Partidazo tremendo o que fixeron os homes do Roski en Outes onde lograron traer un puntiño que soubo a pouco despois das ocasións das que dispuxeron os da Ponte do Porto sobre todo no treito final do encontro. Tras unha primeira metade onde o Outes dominou un pouco máis e se adiantou no marcador, o Porteño sacou o rodillo e pasou por encima dun rival que non sabía como conter ao Porteño, pero o gol non chegaba, mesmo o porteiro local paraba un penalti para a desesperación dos do Roski.
Tanto foi o cántaro á fonte que no minuto 89, Cristian facía o tanto do empate para o Porteño que mereceu a victoria. Suma un puntiño máis o Porteño para situarse nunha posición cómoda da táboa clasificatoria. A próxima xornada o Porteño recibe ao Volantes de Baño.
CARNOTA 1-1 CAMELLE
Empate do Camelle de Pupus ante un conxunto complicado como o Carnotán e donde se voltou a demostrar que se o Camelle ten o plantel ao completo, é capaz de plantarlle cara a calquera.
Chegaba o Camelle a Carnota con gañas despois dos últimos encontros onde a falta de efectivos mermou a un equipo que merece estar máis arriba na clasificación e logrou traer un punto nun partido disputado, vistoso e con ocasións de uns e outros, onde Barreiro adiantaba aos Camelláns pero o Carnota conseguiría empatar un encontro que finalmente remataría en táboas. Toca facer bo este puntiño gañando no Rodeiro ao próximo rival, ao Outes.
OUTROS RESULTADOS FUTBOLÍSTICOS
LIGA XUVENIL - Non houbo xornada polo parón de carnaval e a vindeira temos derbi, Porteño vs Camariñas
LIGA CADETE - OUTES 5-1 AS BALEAS (A próxima xornada As Baleas reciben ao Coristanco)
LIGA DE VETERÁNS
PRIMEIRA DIVISIÓN - CAMARIÑAS 0-2 CORISTANCO (A próxima xornada o Camariñas xoga en Dumbria)
SEGUNDA DIVISIÓN - PONIENTE 0-3 CAMELLE (A vindeira xornada o Camelle recibe ao Vimianzo) - CORME 0-3 PORTEÑO (A próxima xornada o Porteño recibe ao Agualada)
BALONMÁN
PRIMEIRA AUTONÓMICA FEMENINA
FERROLTERRA 6-8 BALONMÁN CAMARIÑAS (suspendido)
Partido que se suspendeu cando iban 13 minutos de xogo e as Espartanas Camariñanas gañaban por seis goles a oito debido a que a pista estaba moi húmeda e as locais non quixeron continuar pese a que as nosas si querían seguir xa que fixeran moitos kilómetros para xogar o partido e así non ter que voltar, pero os colexiados fixéronlle caso as de Ferrol e as Karen, Sara e compañía tiveron que vir de volta sen rematar o encontro. Queda poñer unha data para rematar o partido. A próxima xornada as Camariñanas visitan ao Teucro.
PRIMEIRA AUTONÓMICA MASCULINA
BALONMÁN MOAÑA 25-29 BALONMÁN CAMARIÑAS
Victoria dos de Moncho nun partido onde os locais xogaron con moita dureza, unha dureza fora do normal e permitada por uns colexiados que novamente e xa van moitas, perxudicaron os intereses dos Camariñáns ainda que desta vez, os nosos truxeron os tres valiosos puntos de Moaña.
Lamentar a violencia dos locais que provocaron as lesións de Fari e Diego, e repartiron leña a diestro e siniestro, mesmo Catalán recibía un cobadazo na cara sen estar o balón en xogo. Toca recuperarse e pensar xa no seguinte rival que será o Balonmán a Cañiza que visitará o Pavillón do Areal.
Isto foi todo canto dou a a xornada onde novamente e coma sempre, CAMARINAS.EU contouvos todo canto aconteceu cos nosos conxuntos.

Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.