- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 21 Febreiro 2014 21 Febreiro 2014
No que concerne á literatura deportiva, o xornalismo español chegou a cotas difícilmente superables en canto abxección, dobre moral, fariseísmo, campañas orquestadas e información interesada. Unha recente publicación facía reconto das portadas adicadas nos dous diarios deportivos madrileños a Iker Casillas e Diego López dende o xusto momento en que o galego fichaba polo Real Madrid: 55 a 5 a favor do Gran Topo Branco, que no caso do diario do grupo Prisa "As" chegaba directamente a 40 a 0. Corenta portadas en 365 días para un suplente. Pero se en Madrid dun tempo a esta parte a prensa anda únicamente interesada en mangonear presidentes brancos, finiquitar adestradores e promocionar nenos bonitos, esto é, adueñarse da xestión do club, ante o escándalo sen precedentes dunha fichaxe como a de Neymar onde se mentío ao socio, se defraudou a Facenda e se incumpriron innumerables leies de ámbolos continentes, a prensa deportiva catalana preferío pechar filas, envolverse na bandeira de Cataluña, crear unha cortina de fume e culpar ao sempiterno centralismo caverno-opresor, sospechoso habitual nestas lides, porque pode que os culpables foran un pouco ladróns, eso sí, pero non deixaban de ser "un dos nosos". Tal que Félix Millet no latrocinio do Caso Palau ou o xa clásico de Jordi Pujol no de Banca Catalana: o de sempre. Pero aquí, no caso que nos ocupa, estamos a falar de catro dos dez diarios máis leídos de España, aos que cabería engadir os akelarres radiofónicos diversos e os sálvames futboleros televisivos.
Maxaderías como as anteditas tamén poden atoparse na prensa local, non hai que irse ata Madrid ou Barcelona: non hai moito algún decidía descargar a responsabilidade e polo tanto as culpas da desastrosa campaña do FC Camariñas nos hombros de dous rapaces adolescentes. Ahí quedou eso. Sen embargo en ocasións, como excepción a esta lamentable regla de desvergonza, amiguismo, falta de rigor e desinformación, xurden traballos editoriais ben feitos, elaborados dende o cariño, o amor e o respeto polo que non deixa de ser o Deporte Rei: porque o fútbol, ese fútbol que é parte central, idiosincrática, das nosas vidas, está por enriba de toda esta basura interesada que o envolve.
"Mar de Paixón", escrito conxuntamente polo Profesor da Universidade da Coruña Héctor Manuel Pose Porto e o estudioso do fútbol aficcionado Luis Porto, responde a estas características. Froito dun intenso traballo de investigación, dunha exhaustiva labor de recopilación, era presentado este pasado sábado 15 de febreiro de 2014 no Café Bar Arnela. Nun escenario privilexiado, un local que constitúe por dereito propio unha homenaxe ao fútbol, ao fútbol de verdade, o das orixes, un museo ao que foi o mellor futbolista da historia da Costa da Morte, un Juan Manuel Cabrejo Pasantes que dende as paredes do local asistía orgulloso a un libro álbum que reconstrúe a historia do universo futbolístico no que dou os seus primeiros pasos.
Por elo un puñado de vellas glorias dos bos tempos do FC Camariñas (as actuais, as dun cohete sin control cara o descenso) reuníronse para acompañar a Hector Manuel Pose Porto e Luis Porto no Arnela. Entre elas Camuel, o actual alcalde Pichurri ou o noso querido, admirado e idolotrado Juan do Penedo. Precisamente uns días despois xunto a Gelinita levarían un pequeno susto en Dor, do que gracias a Deus non houbo que lamentar maiores consecuencias. E así un dos que nos seus bos tempos máis contribuío a cubrir de gloria os diversos campos da Costa, proxenitor do que sería o seu mellor exponente, poderá sen maiores atrancos seguir lembrando as súas galopadas meteóricas pola banda nun libro necesario, que deixa constancia dunha época e dunha ilusión, a do nacemento do fútbol de competición na Costa da Morte.











































Comentarios
Juanillo, Manolo de Camuel, Juan do Penedo, ou o meu propio irmán Manel,... así como tantas e tantas outras figuras destacadas deste deporte rei, foron baluartes e referentes dunha época pasada que segue estando moi presente nas nosas vidas.
Tampouco quixera deixar de mencionar a alguén que leva na súa sangue o fútbol, adicándolle unha boa parte da súa vida. Este é DON VICENTE CARRIL LEMA. Todo un referente de constancia, dedicación e bo facer... Figura clave do deporte de masas no noso pobo.
E, naturalmente dar, tamén, e,sobre todo, os meus parabéns aos autores deste libro MAR DE PAIXON, a Don HECTOR MANUEL POSE e A DON LUIS PORTO, e a cantos fixeron posible súa publicación.
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.