- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 18 Febreiro 2014 18 Febreiro 2014
Paupérrima xornada no que ao deporte rei se refire xa que ningún equipo dos nosos conseguíu puntuar, os tres partidos cóntanse por derrotas, a do Camariñas que cada día que pasa ten o descenso máis preto xa que pasan as xornadas e o equipo non suma, e as sensacións que se ven dende afora non son nada optimistas, e o clube parece que non ten plans para reaccionar ante esta situación, pero mentras hai vida, hai esperanza. O Camelle caeu en Fisterra nun partido no que chegou a terras Fisterráns con 11 homes e acabou xogando con 8, un lastre moi grande que impediu que os de Pupus poideran sumar. O Porteño caeu en Carballo diante do Sofán, actual líder da competición nun partido onde dou a cara en todo momento pero no que acabaou perdendo por 4 goles a 2. No balonmán tivemos a única alegría da xornada onde o conxunto de Moncho, dou a campanada gañando con contundencia na cancha do segundo clasificado cunha segunda metade para enmarcar. As Espartanas Camariñanas non tiveron o seu dia en ataque e perderon en Caselas nun encontro no que se chegan a estar máis atinadas no lanzamento, houberan gañado.
FÚTBOL
PRIMEIRA REXIONAL
FLAVIA 1-0 CAMARIÑAS
Nova derrota do equipo de Berto que caeu en Padrón ante o Flavia por un solitario gol que fai que o Camariñas quede na última posición empatado a puntos có Ponteceso e a catro puntos da salvación sempre e cando non haxa arrastres, pois de ser así e como parece ser que os vai haber, estaría a sis puntos da salvación.
Foi un partido igualado, sen moito fútbol e no que non había moitas ocasións, partido no que se vía que o que marcara íbase a levar o gato a auga, e así foi, o equipo local ao inicio da segunda metade, marcou o gol que significaría a victoria. Segue en caída libre o Camariñas e moito nos tememos que o descenso cada xornada que pasa é mais real.
Todo segue igual no clube camariñán que non parece que vaia tomar decisións ante esta situación complicada que está a vivir e na que toca agarrarse as matemáticas, pois mentres hai puntos en xogo todo pode pasar. A vindeira xornada o Camariñas recibe ao líder, o Noia.
SEGUNDA REXIONAL. LIGA DA COSTA
FISTERRA 3-0 CAMELLE
Derrota do Camelle de Pupus nun partido moi disputado. en momentos bronco, no que o Camelle chegaba a xogar con 11 homes xustos e no que rematou con oito debido a unha expulsión e duas lesións que impediron que o Camelle puidese remontar. Foi un partido tenso, no que a pesar das baixas o Camelle dou a cara en todo momento, sobre todo na primeira metade cando estaban once contra once.
Antes do remate da primeira metade, marcaría o Fisterra un gol dos denominados psicolóxicos, a eso uníose a agresión recibida por Miguel Riveiro que ainda por encima de ser agredido , foi expulsado por insultar segundo o colexiado ao rival que o agredira. Na segunda metade e tralo segundo gol dos Fisterráns, o partido acabouse e o Camelle remataría con oito homes debido as lesións de Adrián e Jesús.
O Camelle sitúase no posto decimocuarto con 22 puntos, empatado có Volantes e co Muros. A próxima xornada o Camelle recibe ao líder, o Sofán no Rodeiro.
SOFÁN 4-2 PORTEÑO
Caeu o porteño do Roski por catro goles a dous nun partido disputado en Carballo ante o líder e no que o Porteño deu a cara en todo momento, tratando de tú a tú a un dos galiños da categoría e na que un gol no último minuto do primeiro tempo cando o resultado era de empate a un tanto, gol do Porteño acadado por Varela, sería clave para o futuro do partido.
Trala reanudación, o Sofán sentenciaría o partido có terceiro aos poucos minutos de comezar o segundo tempo. Chegaría o cuarto e xa no desconto o segundo do Porteño de panalti transformado por Ismael. O Porteño ocupa o posto decimosegundo con 27 puntos. A vindeira xornada o Porteño recibe ao Carnota.
COPA DA COSTA XUVENIL
Comeza a Copa da Costa xuvenil onde o CAMARIÑAS recibe ao Coristanco e o PORTEÑO visita ao Castriz.
LIGA CADETE
ESTEIRANA 6-3 AS BALEAS (A próxima xornada As Baleas recibe ao Muxía)
LIGA DE VETERÁNS
PRIMEIRA DIVISIÓN
CAMARIÑAS 1-4 ZAS (A vindeira xornada o Camariñas xoga en Cabana)
SEGUNDA DIVISIÓN
PORTEÑO 5-6 ERBECEDO (A próxima xornada o Porteño recibe ao Leiloio)
BUÑO 0-5 CAMELLE (A vindeira xornada o Camelle recibe ao At. Milagrosa)
BALONMÁN
PRIMEIRA AUTONÓMICA MASCULINA
POIO-ARTAI 25-36 BALONMÁN CAMARIÑAS
Fantástica a victoria dos de Moncho na cancha do segundo clasificado onde os Camariñáns xogaron un gran partido e foron mellores de principio a fin que un rival que nada puido facer parar parar as acometidas Camariñanas.
Gran partido en defensa e en ataque onde os pupilos de Moncho chegaron ao descanso cunha ventaxa de tres goles, pero o espectáculo Camariñán chegaría na segunda metade, cunha gran defensa que permitía veloces contras para matar a un rival que se veu superado en todo momento polos da terra do encaixe. Toca confirmar esta gran victoria a vindeira xornada ante o Conxo, un equipo có que perdeu o Camariñas cunha polémica actuación arbitral e toca resarcirse.
PRIMEIRA AUTONÓMICA FEMENINA
CASELAS 22-19 BALONMÁN CAMARIÑAS
Derrota das Espartanas Camariñanas en Salceda de Caselas onde caeron por tres tantos nun partido onde a clave estivo nos erros no lanzamento das nosas, pois marraron numerosos intentos de cara portería rival que impedío que as Camariñanas etiveran opcións de levarse a victoria.
Pesa a non estar afortunadas en ataque, as nosas demostraron a garra que atesouran e intentaron por tódolos medios traer algo positivo de Caselas pero foi imposible. Toca olvidar esta derrota e para elo, a próxima xornada, as Camariñanas terán como rival ao S.A.R, as terceiras clasificadas, o Pavillón do Areal ten que ser unha caldeira a presión para axudar as nosas.
Isto foi todo canto aconteceu nunha xornada mala para os intereses dos nosos conxuntos. Coma sempre CAMARINAS.EU, contouvos todo canto aconteceu no plano deportivo cós nosos equipos.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.