- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 29 Xaneiro 2014 29 Xaneiro 2014
Pasou unha xornada máis, unha xornada marcada pola nova derrota do Camariñas que vai costa abaixo e sin frenos e xa é colista xunto ao Ponteceso. Victoria do Porteño que se consolida na zono morna da clasificación mentras que o Camelle veuse superado polo Corme nun partido donde os Cormeláns esixiron a presencia de linieres, como se ao Camelle lle axudaran os árbitros cando levan unha tempada de persecución arbitral. No balonmán houbo pleno de victorias, as espartanas Camariñanas seguen sorprendéndonos gratamente e volveron a demostrar que pese a xuventude que atesoura o plantel, van a dar moito que falar nos vindeiros anos. O conxunto masculino voltou a senda da victoria ao vencer cómodamente ao Lavadores.
FÚTBOL
PRIMEIRA REXIONAL
CAMARIÑAS 1-2 SIGÜEIRO
Derrota do equipo de Berto ante un rival directo nun partido no que ao Camariñas púxoselle todo de cara adiantándose no marcador pero no que en cinco fatídicos minutos, veu como un Sigüeiro sin facer nada do outro mundo, remontaba o encontro e deixaba ao Camariñas colista, empatado a puntos có Ponteceso.
Está na UVI o Camariñas, nunha situación límite e necesita un revulsivo xa para parar esta dinámica que o leva directo cara a Liga da Costa. Outras tempadas sen ir tan lexos, non se tiña tanta paciencia, pero a directiva saberá o que fai e dende aquí respetamos todo tipo de decisións.
Foi un partido no que o Camariñas tivo máis e mellores ocasións, pero cando se está nos últimos postos a sorte sempre é esquiva cós equipos que están afundidos na clasificación e as ocasións creadas non entran e pola contra, cada vez que chega o rival é gol.
Xa non hai marxe de maniobra pese a que a salvación non está moi lonxe, pero a dinámica que leva non fai ser optimistas a ninguén, mesmo nos comenta algún xogador que a cousa é moi complicada e que o equipo non é o que era.
Toca reflexionar aos mandamáis e decidir un rumbo dun equipo que agora mesmo está sen él.
A vindeira xornada o Camariñas visita ao Baio.
SEGUNDA REXIONAL. LIGA DA COSTA.
PORTEÑO 5-2 CORCUBIÓN
Victoria do Porteño do Roski que goleou ao colista da liga, o Corcubión.
Victoria fácil xa que aos dous minutos de xogo, Caamaño adiantaba aos da Ponte do Porto e abría o camiño cara acadar tres valiosos puntos. Empataría o Corcubión que parecía que podía dar a sorpresa, pero antes do descanso, Isma conseguía adiantar de novo aos do Roski e ao descanso, o Porteño gañaba por dous goles a un.
Trala reanudación, o Porteño foi moi superior e a pesar de estar o campo enlamado, Pejo, Cristian e Isma de novo, marcaban para meterlle unha maiña a un equipo que está mais preto da terceira rexional como é o Corcubión que maquillaría o resultado acadando un goliño máis antes de se cumplir o minuto 90.
Tres puntos que sitúan ao Porteño na metade da clasificación con 27 puntos.
A vindeira xornada o Porteño xoga en Cabana.
CAMELLE 1-2 CORME
Derrota do Camelle de Pupus ante o Corme, un dos galiños da categoría nun partido no que o Camelle non mereceu perder e un empate houbera sido o resultado máis xusto.
Tras unha primeira metade sen ocasións, onde ambos equipos loitaban sobre un campo impracticable, o marcador non se movería.
Todo cambiou na segunda metade cando en dez fatídicos minutos, os visitantes marcaban os dous goles a un Camelle que tiña que poñer porteiro a Dido ante as baixas dos seus guardamallas. A partir de ahí, o Camelle estirou liñas e foi a por todas, embotellando a un Corme que bastante tiña con aguantar as embestidas locais e de atacar non se lembraba.
A pena foi que o gol de Ángel, chegaba nos minutos de desconto, pois o Camelle a pesar de ter ocasións anteriormente, non conseguíu materializar ningunha.
A nota do encontro douna o Corme, un conxunto moi propenso a facer este tipo de cousas na liga da costa, e na que debido a eso, o equipo Cormelán non é de moi bo agrado para os demais conxuntos da zona.Os clubes xa bastante sofren para recaudar diñeiro como para que veña o Corme a esixir que houbera linieres e así aumentar o custo na factura arbitral, como si ao Camelle esta tempada lle estiveran axudando os árbitros!!!, cando a realidade di o contrario. Unha lástima que se vexan este tipo de cousas. A próxima xornada o Camelle xoga en Corcubión.
LIGA XUVENIL
BAIO 9-0 PORTEÑO (a vindeira xornada o Porteño recibe ao Coristanco)
CAMARIÑAS (descansou e na última xornada enfróntase ao Cabana a domicilio)
LIGA CADETE
AS BALEAS (descansou As Baleas que a próxima xornada recibe ao Cabana)
LIGA DE VETERÁNS
PRIMEIRA DIVISIÓN - XUV. BERGANTIÑOS 6-1 CAMARIÑAS (a vindeira xornada o Camariñas recibe ao San Román)
SEGUNDA DIVISIÓN - CAMELLE 0-0 AGUALADA (a próxima xornada o Camelle xoga en Corcoesto)
SEGUNDA DIVISIÓN - MALPICA 3-3 PORTEÑO (a vindeira xornada o Porteño descansa)
BALONMÁN
PRIMEIRA AUTONÓMICA FEMENINA
BALONMÁN CAMARIÑAS 27-21 RASOEIRO
Gran victoria das Camariñanas que superaron facendo un gran partido a un rival dos chamados galiños da categoría como é o Rasoeiro.
Partido que disputaron as nosas nunha pista, a do Pavillón do Areal, que estaba moi húmeda e provocaba que as xogadoras de un e outro equipo esvararan e o que é peor, que debido ao estado da mesma, houbese que lamentar algunha lesión, pero afortunadamente non foi o caso.
Partidazo en ataque e en defensa das Espartanas Camariñanas que lograron tanto defensiva como ofensivamente, superar a unhas contrincantes que se viron superadas ao longo do encontro.
Continúan as nosas sumando puntos, consolidándose nas posicións altas da clasificación, nunha tempada para enmarcar, nunha tempada onde as Laura, Sara, Karen, Cris Barreiro, Cris Caamaño, Cris Sande,,Mónica, Tina,María, Judith, Raquel, Vero... están demostrando que en Camariñas hai moita clase no relativo ao balonmán femenino.
A próxima xornada as Camariñanas visitan as segundas clasificadas, ao Lavadores.
PRIMEIRA AUTONÓMICA MASCULINA
BALONMÁN CAMARIÑAS 28-22 LAVADORES
Victoria cómoda dos de Moncho que derrotaron a un rival que non foi quen de aguantar a superioridade dos Camariñáns.
Partido disputado no Pavillón de Ponte do Porto, debido a que a pista no Pavillón do Areal estaba imprecticable, e como xa xogara o conxunto femenino e ciuse que era moi difícil manter o equiplibrio, ámbolos conxuntos e o duo arbitral, decidiron desplazarse ata Ponte do Porto para disputar alí o encontro, pero o problema foi o mesmo, a pista tamén estaba moi húmeda e os esvaróns foron constantes nun partido no que o Camariñas demostrou ser mellor conxunto que os visitantes e pasoulles por encima sen problemas.
Fari con 8 goles e Borja con 7, foron os máximos artilleiros do partido.
Tócalle demostrar aos de Moncho que son capaces de gañar a domicilio, e máis a un rival que está tres puntos por diante dos nosos como é o Rasoeiro, unha victoria para os Camariñáns significaría pasarlles por encima.
Isto foi todo canto dou a xornada na que coma sempre a web que vive o deporte dos nosos, CAMARINAS.EU, lles contou todo canto aconteceu cós nosos equipos.


Comentarios
Incluimos a gravación das dúas entrevistas dos máximos responsables do PP no Concello de Camariñas, emitida en directo esta mañan no programa " VOCES DE BRGANTIÑOS" de Radio Voz Bergantiños.
Primeiro a entrevista corresponde ó Secretario Xeral, José M. Olveira e despois o Presidente Local, Daniel Rego.
xa cheirades co secretario,saca deo de ai de unha puta ves
:
el e o Marioneta ,e que vaia cajar
Feijóo: "España está na UCI, con respirador e case sen constantes vitais; e o PP está como España"
Este leva anos preparando "o seu ascenso" á presidencia do PP e á presidencia de España... e entón... ¡¡ xa podemos ir rezando todo o que saibamos !!
Este home esta peor co tempo e despos queren que lle fagamos caso ,tiñamos que estar tolos
Administraciones pequeñas, rápidas y eficaces.
Pocas regulaciones, sencillas y que se cumplan siempre.
Justicia rápida desde el punto de vista económico.
Buena instrucción y formación académica.
Incentivos claros que promuevan la actividad empresarial y convierta a cada ciudadano en un empresario en potencia.
Normativa laboral que promueva la contratación de trabajadores. Empleos "nuevos y atractivos".
Un sistema de pensiones en el que las cotizaciones de los trabajadores sean un capital que les pertenece.
Unidad de mercado.
Que el Estado ejerza con rigor y convención las competencias mínimas que todo Estado debe tener. Por ejemplo, "la protección de la vida
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.