- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 14 Xaneiro 2014 14 Xaneiro 2014

Pasaron as festas do Nadal e parece ser que lle sentaron ben aos nosos conxuntos da Liga da Costa, Porteño e Camelle, gañaron os seus partidos mentres que o Camariñas comezou a segunda volta cunha derrota no Hermanas Patiño ante o Villestro. No balonmán, o conxunto masculino Camariñán gañáballe ao co-líder Viña Costeira pola mínima, nun partido trepidante. O equipo femenino goleaba ao Goldie Xiria e segue nunha traxectoria ascendente.
FÚTBOL
PRIMEIRA REXIONAL
CAMARIÑAS 2-4 VILLESTRO
Derrota do Camariñas de Berto nun partido no que aos 20 minutos do mesmo xa perdían por cero goles a tres.
Saíron os visitantes en tromba, demostrando que querían gañar o partido dende o pitido inicial e cando os Camariñáns se deron conta de que xa empezara, tiñan tres goles no lombo que pesaban como lousas.
Antes do descanso David Toja marcaba para o Camariñas e daba algunha esperanza para tratar de lograr a remontada, remontada que parecía máis cerca cando a falta de quince minutos, David Toja novamente, marcaba o segundo para os locais e daba esperanzas ao pouco público que acudíu ao Hermanas Patiño nunha tarde de "cans",pero o Villestro demostrou ser un gran equipo e non se puxo nervioso, mesmo antes do pitido final marcaba o cuarto e levábase o triunfo con merecemento.
O Camariñas é penúltimo clasificado, pero a tan só un punto de catro equipos que están empatados a 17 puntos na táboa clasificatoria.
A vindeira xornada o Camariñas visitará a un conxunto da súa liga, o Piloño, sería fundamental unha victoria.
SEGUNDA REXIONAL. LIGA DA COSTA
CAMELLE 3-2 SAN LORENZO
Importantísima victoria do Camelle de Pupus ante o San Lorenzo nun partido moi disputado, con moitos goles e que finalmente caeu de lado dos Camelláns.
Comenzaba o encontro cun Camelle lanzado, indo a por todas, motivo diso foron os dous goles acadados polos locais Riveiro e Barreiro ao cuarto de hora de xogo. Cando parecía que o máis difícil xa estaba feito, os visitantes antes do descanso, empataban o partido conseguindo dous goles ante do tempo de lecer.
Trala reanudación viuse a dous conxuntos que o pelexaban todo, que loitaban cada balón ao máximo e ahí apareceu Barreiro de novo para marcar o terceiro gol para os locais.
Nos minutos finais, o San Lorenzo intentou por activa e por pasiva o empate, colgaba balóns a meta defendida por Dido, pero o equipo Camellán empregouse a fondo para aguantar o resultado e acadar 3 puntos moi valiosos que o afastan da zona de descenso.
O Camelle é décimoterceiro, sete puntos por enriba do descenso. A próxima xornada o Camelle xoga en Muros.
PORTEÑO 3-1 MUROS
Victoria do Porteño do Roski que venceu ao Muros nun partido no que tivo que remontar un gol tempraneiro do conxunto visitante.
Có resultado en contra, os do Roski buscaban igualar a contenda pero a sorte non estaba de cara e o traveseiro desviaba dous trallazos dos da Ponte do Porto que ben puideron ser gol.
Sería Varela que xusto antes do descanso, marcaba o tanto do empate, un gol dos chamados psicolóxicos.
Tras o descanso, o Porteño saliu con máis decisión que o Muros e iba a polo partido dun xeito claro, pero o segundo gol non daba chegado ata que novamente o crack Porteño Varela, marcaba o segundo da súa conta particular e o segundo para un Porteño que merecía a victoria.
Ismael a nove minutos do remate do encontro, marcaba o terceiro, o da tranquilidade ao tranformar unha pena máxima.
É décimo o Porteño con 24 puntos, unha situación cómoda para afrontar a segunda volta con tranquilidade.
A vindeira xornada o Porteño xoga en Corme.
OUTROS RESULTADOS FUTBOLÍSTICOS:
LIGA XUVENIL
LAXE 4-1 CAMARIÑAS (A próxima xornada o Camariñas recibe ao Corme)
CASTRIZ 1-2 PORTEÑO (A vindeira xornada o Porteño recibe ao Ponteceso)
LIGA CADETE
FISTERRA 4-0 AS BALEAS (A proxima xornada As Baleas recibe ao Zas)
LIGA DE VETERÁNS
PRIMEIRA DIVISIÓN - NANTÓN 2-3 CAMARIÑAS (A vindeira xornada o Camariñas recibe ao Ponteceso)
SEGUNDA DIVISIÓN - CAMELLE 0-0 PORTEÑO (A próxima xornada o Camelle descansa mentras que o Porteño recibe ao Sofán)
BALONMÁN
PRIEMIRA AUTONÓMICA MASCULINA
BALONMÁN CAMARIÑAS 31-30 VIÑA COSTEIRA
Victoria dos de Moncho que venceron ao que era líder da categoría, o Viña Costeira, nun partido dos que fai afición ao balonmán, onde os Camariñáns loitaron o indecible ante un dos galiños da categoría para vencelos pola mínima facendo as delicias do público que se deu cita no pavillón do Areal.
Partidazo de tódolos compoñentes do plantel onde cada un colaborou en defensa e en ataque aportando o seu grao de area para lograr esta traballada victoria. Sitúase o Camariñas na zona media da táboa con 5 victorias e 4 derrotas. A vindeira xornada os de Moncho visitarán ao Porriño.
PRIMEIRA AUTONÓMICA FEMENINA
BALONMÁN CAMARIÑAS 23-10 GOLDIE XIRIA
Victoria das Camariñanas que barreron da pista aos xogadoras do Goldie Xiria nun partido no que as nosas foron superiores de principio a fin.
Están a pasar por un gran momento as do Encaixe, momento que o comprobaron unhas xogadoras visitantes que se viron superadas en ataque e en defensa constantemente. Con este triunfo xa son 10 as victorias das Espartanas Camariñanas que están situadas quintas na táboa clasificatoria a tan só duas victorias das líderes, o Balonmán Porriño. A próxima xornada, as de Camariñas visitarán ao Balonmán Tuí.
Isto foi todo canto dou a xornada. CAMARINAS.EU contouvos todo canto aconteceu cos nosos conxuntos. CAMARINAS.EU, a web que vive o deporte!!!.

Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.