1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Aproveitando o habitual e incomprensible parón futbolístico navideño, unha abundante oferta deportiva corrío rauda a ocupar o oco no entretemento do público. Na Vila das Palilleiras dúas foron as novidades: unha San Silvestre  camariñá e o que foi o I Torneo de Nadal de Balonmán. Tal vez no recordo dos seus promotores aínda sobrevoasen aqueles torneos de nadal que organizaba puntualmente cada ano a sección de baloncesto do Real Madrid. Era aquel todo un auténtico fenómeno deportivo que atraía aos mellores clubes e ata seleccións do mundo: a Unión Soviética, Iugoslavia, Brasil, o Maccabi de Tel Aviv, o CSKA de Moscú, o Cibona de Zagreb, o Zalguiris Kaunas, os italianos, as mellores universidades americanas.... menos o Barça, a ese sí que nunca o invitaron, vaian vostedes a saber por que.  E era así como nas sinaladas datas de Noiteboa e Nadal millóns de persoas se congregaban ante o televisor para ver aos mellores xogadores do mundo fóra da NBA, algo que chegou a resultar tan consustancial ás entrañables épocas da Natividade de Cristo como as propias uvas do trintaún. Agora, ven a rescatar o CB Camariñas algo daquel torneo lexendario ca organización do que foi o I Torneo de Nadal, que o pasado 3 de xaneiro supuxo unha auténtica festa balonmanística no Pavillón Municipal de O Areal. Evento festivo e deportivo ao que non podía deixar de acudir Camarinas.eu, cronista e notario oficial do Ilustrísimo Concello de Camariñas, e que abre o Ano Deportivo 2014 no medio líder de información na Costa da Morte.

 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.