- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 31 Decembro 2013 31 Decembro 2013

Remata aquí, querido accionariado, un ano máis (e xa van sete) en Camarinas.eu. Dende as remotas profundidades de 2007 despedindo e benvindo anos con todos os camariñáns, os da terra e os da diáspora. Proba do océano de tempo transcurrido foi que ao longo desta travesía incluso houbo lugar a pensar durante un breve anaco (¡ah, aqueles días de viño e rosa do principio, os anos primixenios!) que coa boa marcha certa do país que nos daba cobixo, aquelo da emigración se ía acabar e que a sección de emigración habería que darlle un peche un día non moi lonxano. E sen embargo houbo que volver (¡ah unha vez máis!) a coller a maleta e toda unha nova xeración emprender o camiño do exilio. Pero, desta volta, existía algo que, siquera mínimamente, contribuiría a facerlles o trago menos amargo e invisible aos que nos deixaban, un fío diario, pero recio e firme como o cabo que suxetaba o Lubina á terra, que os mantería conectados á súa terra da alma.
E para rematar o ano que se nos vai e devorou outra pequena porción das nosas vidas nada mellor que facelo cun evento celebrado por vez primeira en Camariñas e que nos zambulle de cabeza en algo tan típicamente navideño nesta España dos nosos pecados como unha San Silvestre. Dende que un ten uso de razón leva vendo pola televisión trintaúns de decembros a toda marcha atlética no castizo barrio de Vallecas do mesmo xeito que vintacincos contemplando varóns e féminas lixeiros de roupa atravesar a nado as augas xeadas do porto de Barcelona. Por elo, seguida unha boa iniciativa queda pendente de executar a outra, con bo criterio seguramente deixada para aqueles días futuros nos que a lamentable demencia colectiva que a día e hoxe enaxena a parte de Cataluña xa se haia esvaecido e un poda sentir como propio todo o que por alá aconteza.
Organizado polo CB Camariñas ca colaboración do Concello, ata 200 persoas entenderon que a mellor forma de despedir o ano era percorrendo 5.600 metros a todo trapo polas rúas da Vila das Palilleiras. E así por un día Camariñas e tantas outras vilas semellaron Vallecas e os mellores atletistas dos seus respectivos ámbitos territoriais competiron en probas entrañables e rigurosas. Sendo así, unha categoría, a de máis de 41 anos, aquí tiña xa un gañador certo e éste non podía ser outro que o noso amigo José Manuel Rodríguez Tajes, que deixou un difícil rexistro a superar xa na primeira San Silvestre Camariñá. É por elo, cunha estampa típicamente navideña, polo menos en España, como rematamos un ano máis (e xa van sete) en Camarinas.eu. Dando gracias polo seguemento diario duranto o ano saínte e desexando saúde e felicidade aos nosos lectores, algo de sorte tamén, para o entrante. E publicando como portada unha imaxe da carreira dos pequenos, eses mesmos que dentro de 50 anos serán os que teñan que manter a Camariñas en boa forma.
¡¡FELIZ E PRÓSPERO 2014!!
































































































































































































































Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.