- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 18 Decembro 2013 18 Decembro 2013

Nova xornada deportiva dos nosos equipos onde os resultados houbo máis victorias que empates e derrotas. No que respeta ao deporte rei, o fútbol, o Camariñas empatou o seu encontro e sumou un punto que sabe a pouco despois de ver o transcurrir do encontro. O Porteño logrou unha importante victoria que lle da tres puntos moi valiosos e rompe unha racha de derrotas e empates que traía nas últimas xornadas. O Camelle perdeu na casa, as baixas séguense a notar e o Camelle necesita recuperar efectivos urxentemente. No balonmán dúas victorias, tanto o conxunto masculino como o femenino, lograron sendas victorias e ámbolos conxuntos están na zona alta da clasificación.
FÚTBOL
PRIMEIRA REXIONAL
CAMARIÑAS 2-2 UNIÓN
Empate do Camariñas de Berto que sabe a pouco despois do visto no terreo de xogo onde os camariñáns mereceron levarse os tres puntos porque tiveron máis e mellores ocasións que os de Rianxo, e no que viron como nos derradeiros minutos de encontro, os visitantes lograban empatar o partido e levarse un botín con demasiado premio para terras rianxeiras.
Empezarían adiantándose no marcador os visitantes nada máis comezar o partido cun gol no que os locales reclamaron man dun xogador do Unión pero que o árbitro non veu como tal. O gol visitante despertou o orgullo do Camariñas que por medio de Mario Toja e Sule, dábanlle a volta ao marcador antes do descanso.
Na segunda metade, o Camariñas puido sentenciar o partido pero non foi así, e un gol a falta de seis minutos para o final do Unión, daba ao traste coa ledicia local que via cerca a victoria e que finalmente se tivo que conformar co empate. Un punto para o Camariñas que sabe a pouco, suma 13 o Camariñas que está penúltimo empatado co Puebla que é antepenúltimo. A vindeira xornada o Camariñas terá un derbi, xoga en Esteiro ante a Esteirana.
SEGUNDA REXIONAL. LIGA DA COSTA.
CAMELLE 1-3 ZAS
Derrota do Camelle de pupus nun partido no que os Camelláns puideron deixar sentenciado na primeira metade xa que dispuron de numerosas ocasións e moi claras, pero a pelotiña non quixo entrar e finalmente e por desgracia para o Camelle, cumplíose a máxima de quen perdoa, acábao pagando e así foi, pois na segunda metade e tras a xogada clave do partido no que o árbitro decreta pena máxima en contra do Camelle e despois dun "encontronazo", o colexiado expulsa ao meta local polo que Carlos de Dido tivo que poñerse baixo os paus e non puido parar o penalti.
Empataría o Camelle por mediación de Matías pero unha contra mortal do Zas e un gol directo de córner no último minuto, déronlle os tres puntos aos visitantes.
Necesita recuperar efectivos o Camelle para lograr gañar partidos e escapar dos postos perigosos, o Camelle é décimocuarto, con 15 puntos, seis por enriba do descenso, un descenso que o marca o próximo rival do Camelle, o Independiente de Carballo, unha victoria en Carballo sería fundamental.
PORTEÑO 2-0 INDEPENDIENTE DE CARBALLO
Victoria do Porteño do Roski ante un rival que chegou a Ponte do Porto con tan só dez homes, motivo polo cal o Porteño podía confiarse vendo tal panorama pero non foi así, e xa no minuto un de partido, o Porteño marcaba o primeiro tanto por mediación de Piti.
Antes do descanso, os do Roski querían sentenciar o encontro pero non puideron e tras os primeiros 45 minutos, o marcador era de un gol a cero para o Porteño.
Na segunda metade o Porteño foi a polo segundo gol, pois sabía que tiña que deixar o partido encarrilado para evitar calquera tipo de susto, e Carlos Doyle, no minuto 68, anataba o segundo para os locales e o Porteño acadaba tres puntos de ouro. Son 21 os puntos cos que conta o Porteño que o sitúan décimo na táboa clasificatoria. A vindeira xornada, o Porteño xoga en Cee.
OUTROS RESULTADOS FUTBOLÍSTICOS:
LIGA XUVENIL
CAMARIÑAS 2-1 PONTECESO (A próxima xornada o Camariñas xoga en Baio).
MUXÍA 2-2 PORTEÑO (A próxima xornada o Porteño recibe ao Malpica).
LIGA CADETE
XALLAS DE SANTA COMBA 10-0 AS BALEAS (A vindeira xornada As Baleas recibe ao Baio).
LIGA DE VETERÁNS
PRIMEIRA DIVISIÓN
CAMARIÑAS 0-1 BAIO (A próxima xornada o Camariñas visita ao San Lorenzo).
SEGUNDA DIVISIÓN
AT. MILAGROSA 6-0 CAMELLE (A vindeira xornada o Camelle recibe ao Erbecedo).
PORTEÑO 7-2 PONIENTE (A próxima xornada o Porteño xogará en Vimianzo).
BALONMÁN
PRIMEIRA AUTONÓMICA MASCULINA
BALONMÁN CAMARIÑAS 25-22 AT. NOVÁS
Victoria dos de Moncho nun partido onde o Camariñas non estivo a un gran nivel pero servíulle para gañar o encontro ante un rival que a pesar de ser inferior, dou a cara.
Non estiveron finos os de moncho, con moitas pérdidas de balón que impedían que os conserveiros tiveran accións de contragolpe para marcar. Pese a todo, os Camariñáns sentíanse superiores e mantiñan unha ventaxe de 3-4 goles no marcador salvo na metade do segundo tempo onde a relaxación local provocou que os visitantes se puxeran por diante no marcador, pero reaccionaron os Camariñáns e logron o triunfo diante dun equipo que lles dou guerra.
Catalán con 7 goles foi o máximo anotador do encontro.A vindeira xornada o Camariñas visitará ao Seis do Nadal-Coia.
PRIMEIRA AUTONÓMICA FEMENINA
PABELLÓN OURENSE 26-33 BALONMÁN CAMARIÑAS
Victoria das Espartanas Camariñanas en Ourense nun partido complicado que as da terra do encaixe resolveron con dificultades xa que as locales non se deron por vencidas ata os últimos cinco minutos do final.
Non estiveron moi finas en defensa as nosas, sobre todo na primeira metade e en ataque non elexiron moi ben as accións de lanzamento, pero pese a todo, as nosas lograban ir por diante no marcador.
Melloraron no segundo tempo, pero non foi ata os últimos cinco minutos de partido onde conseguiron abrir brecha no elctrónico e rematar coa ventaxa de sete goles.
Destacar o gran partido en defensa de Sande e de Mónica en ataque que foi a máxima goleadora do partido. A próxima xornada as Camariñanas recibirán ao Bueu At.
Isto foi todo canto dou a xornada, coma sempre, CAMARINAS.EU contouvos todo canto aconteceu cos nosos conxuntos

Comentarios
,CRUZ,no te das de cuenta que estas jodiendo a mi hijo ROMAN,desde me punto de vista ,tus aplausos te los pone en el culo,CARLOS NEGREIRA ,le dices que yo estoy disponible, pèrop nunca para joder a mis `principios
y tu no tienes idea de nada .no quiero saber nada de ningun grupo ,pues sois la mierda pura ,soy libre y hoy fue uno de los dias mas felices de mi vida en el Hotel Attica , al ver la MIERDA que sois todos vosotros ,que no vbaleis para nada ,MIERDA EN PURO ESTADO,ignorant es ,no entendeis ni l.,o que quiero decir y tu XXXXXX XXXXXXXX,compar ate con la mierda es un insulto a la mierda ,lo menos que tenias que hacer CASTRON era pedir perdon y si no sabes mas DEJA EL PUESTO JODER,pero no jodas a mis hijos ni a mi ,por cierto a mi me deben dinero por culpa de la gerencia del PP en CORUÑA te enteras 20.000.EUROS del ala rese es otro capitulo,iros a la mierda ,esto no es el PP ,CARLITOS EL PP ;DIEGUITO EL PP,RUBEN HIJO MIO ;DEJAME EN PAZ ;YA ESTOY HASTA LOS COJONES DE NO SER YO
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.