- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 13 Decembro 2013 13 Decembro 2013
Leendo a Voz de Galicia no día de onte, non podo creer o que os meus ollos ven, resulta que a culpa da mala situación na táboa clasificatoria do Camariñas é dos porteiros!!!. Tócate o carallo!!!. Resulta que dous rapaces, Pablo que non ten nin vinte anos e José Luis en edade xuvenil que non cobran un peso e defenden ao clube do seu pobo, son os culpables de que o Camariñas esté en postos de descenso. Paréceme lamentable e penoso decir estas barbaridades, que fácil é poñerse en contra do máis débil, dos que non van a levantar a voz e dos que menos culpa teñen.
Esta é unha parte da noticia, para que vexan vostedes e poidan ter a súa propia opinión:
"La falta de oficio en la portería condena al Camariñas al antepenúltimo puesto de la liga del segundo grupo de Primera Autonómica. Además es el conjunto más batido del campeonato. Los cancerberos Pablo, de 19 años, y José Luis, de 16, son los encargados de defender una meta que está siendo el verdadero quebradero del cuerpo técnico de la entidad soneirana.
El Camariñas Fútbol Club, a pesar de su diez derrotas y tan solo cuatro victorias, está cuajando una buena temporada, pero los desajustes defensivos en los momentos puntuales de los encuentros tira por tierra todo lo demás. Es un conjunto competitivo que se pierde en las maniobras puntuales en el área propia..."
Pois non poido estar máis en contra, un equipo compóñeno moitas máis persoas, dende a directiva pasando polo corpo técnico e os xogadores,todos son culpables cando as cousas van ben e sobre todo cando van mal, e resulta que tódolos males veñen pola culpa de dous rapaces?. NON, hai culpables maiores que teñen responsabilidade maior que para eso cobran e ben. O ano pasado había un porteiro contrastado como era Pombo, pero como decían que cobraba moito, non se lle renovou, eses cartos facían falta para outros que non teñen ningunha culpa, porque claro, xa están os dous porteiros para levala, dous camariñáns, Pablo e José Luis que xunto ao resto de compañeiros compoñen un equipo onde hai moita xente de Camariñas que era o que todo mundo queríamos (con esto non estou desprestixiando a xente de fora, pois cando non tes na casa, é normal que vaias buscala fora e o seu mérito teñen, eso que quede claro) despois de ver noi fai moito tempo atrás, que no conxunto camariñán tan só había dous ou tres xogadores da casa, pois agora temos un plantel no que a maioría son camariñáns e a pesar de que se vaia mal clasificado, da gusto ver que son xente do pueblo, que ben, regular ou mal, loitan polo escudo donde naceron.
Recordo que cando aquel famoso equipo do Camariñas que gañou as duas copas da costa consecutivas, os Pepucho, Guillermo, Tono do Atlántico, Gerpe, Jose de Marta, irmáns Triñanes, Gonzalo e compañía, éramos todos camariñáns, pero antes de gañar as copas, antes do éxito, levámos algunha que outra tunda, pois coa xente da canteira hai que ter paciencia porque os resultados chegarán. Agora que temos canteira, hai que respetala e non "matala" para salvar a imaxen de alguén.
Con todo isto, quero mandar o máximo apoio para estes dous porteiros que son persoas, que son rapaces que fan o mellor que poden o seu traballo sen cobrar un peso e que non son os culpables de nada, pois cando se perden 10 partidos de 14 para min non é unha boa tempada, o contrario, é mala, e moito menos a culpa a teñen Pablo e José Luis, a culpa será de todos, cada un terá a súa parte. Ánimo José Luis e Pablo!!!!!.



Comentarios
él,do equipo (porteiros e xogadores) ou si esta dacordo coa noticia
chavales,non fajades caso desta chusma e sejide adiante, o Camariñas esta por ensima destes f------ e estes b----- e das momias que o dirijen
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.