- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 19 Novembro 2013 19 Novembro 2013
Fin de semana que viña marcado polo derbi entre Porteño e Camelle que finalmente rematou con victoria Camellana pola mínima nun encontro onde se deron cita as duas mellores aficións da Liga da Costa que abarrotaron o campo da Grixa animando aos seus equipos. O Camariñas segue en caída libre e xa está en postos de descenso. Non mereceron perder os Camariñáns, pero cando se está nos últimos pstos, a sorte soe estar sempre en contra. No balonmán as nosas mulleres seguen dándonos alegrias e gañaron pola mínima un partido no que a porteira Karen, foi a heroina do partido ao parar un penalti no último segundodo mesmo e tras unha actuación arbitral malísima en contra das nosas, mentres que o conxunto masculino caía en Santiago nun partido no que novamente os colexiados foron os tristes protagonistas actuando de forma premeditada contra os Camariñáns.
PRIMEIRA REXIONAL
CAMARIÑAS 1-2 ARZÚA
Nova derrota do Camariñas de Berto, esta vez no Hermanas Patiño diante do Arzúa nun partido onde o Camariñas non mereceu tal castigo e foi mellor que un rival que nas duas ocasións que tivo, aproveitounas para levarse o partido.
O encontro comenzaba ben, un gol de Yuyo adiantaba ao Camariñas e o que era máis importante, o conxunto Camariñán dominaba e creaba ocasións, pero fallabas. Antes do descanso, o Arzúa empataba o partido.
Na segunda metade, o Camariñas seguía dominando e tendo claras ocasións para marcar, pero estaba gafado de cara a meta rival, e no fútbol xa se sabe, hai unha máxima, o que perdoa tanto soe acabar pagando, e por desgracia así foi, nos últimos minutos, unha contra rival e penalti a favor dos visitantes que non desaproveitaron o lanzamento dende os 11 metros para levarse o encontro.
Con esta derrota o Camariñas xa está en postos de descenso, é antepenúltimo na clasificación con 9 puntos e necesita urxentemente un resultado positivo para cambiar un rumbo que agora mesmo é de volta a liga da costa tralas cinco derrotas consecutivas que acumulan os de Berto. A vindeira xornada o Camariñas ten un derbi complicado, xoga en Malpica onde se verán as caras con dous ex, Juan o Vello e Pombo.
SEGUNDA REXIONAL. LIGA DA COSTA
PORTEÑO 1-2 CAMELLE
Victoria do Camelle de Pupus ante o Porteño do Roski, nun derbi moi disputado, moi intenso e no que houbo cero tarxetas amarelas!!!. O campo da Grixa, tivo a mellor entrada da tempada. un cheo absoluto onde se deron cita as duas mellores aficións da Liga da Costa que demostraron un gran saber estar animando cada unha delas ao seu equipo como debe de ser. Chapeau!!
O partido foi moi disputado, cun primeiro tempo onde predominaban os balóns en longo e no que se via xa dende un inicio do mesmo, que o conxunto que menos erros cometera iba a levarse o encontro. Así o Camelle que chegaba en cadro ao partido tralas 8 expulsións nos derradeiros dous partidos, adiantábase no marcador cun gol de Adrián de Barca a media hora de xogo, e ao remate do primeiro acto, chegábase co resultado de cero goles a un.
Trala reanudación, o Porteño do Roski adiantou liñas intentando o empate mentres que o Camelle defendía con orde ata que no minuto 60 de partido, Carlos Doyle marcaba o tanto do empate. Non dou tempo a saborear o empate cando cinco minutos despois Javi Rañal marcaba o segundo para os visitantes. A partir de ahí, o Porteño volcouse ao ataque e tivo ocasións para empatar, pero unhas veces a mala fortuna e outras o gran traballo defensico dos visitantes, impediron que os do Roski conseguiran empatar o encontro e finalmente tras o pitido final do colexiado, os tres puntos viaxaban para Camelle.
O Porteño é oitavo na clasificación con 16 puntos mentras que o Camelle queda no posto once con 12 puntos.
A próxima xornada o Porteño xoga en Castriz e o Camelle recibe no Rodeiro ao Buño.
MÁIS RESULTADOS DE FÚTBOL:
LIGA XUVENIL
CAMARIÑAS 3-2 MUXÍA (A vindeira xornada o Camariñas xoga en Malpica)
LAXE 10-1 PORTEÑO (A próxima xornada o Porteño recibe ao Corme)
LIGA CADETE
AS BALEAS 2-2 OUTES (A vindeira xornada As Baleas xoga en Coristanco)
LIGA DE VETERÁNS - PRIMEIRA DIVISIÓN
CASTRIZ 5-0 CAMARIÑAS (A próxima xornada o Camariñas recibe ao Laxe)
LIGA DE VETERÁNS - SEGUNDA DIVISIÓN
CAMELLE 1-1 LEILOIO (A vindeira xornada o Camelle recibe ao Sofán)
PORTEÑO 1-2 CORCOESTO ( A próxima xornada o Porteño xoga en Cerqueda)
BALONMÁN
PRIMEIRA AUTONÓMICA MASCULINA
BALONMÁN CONXO 33-24 BALONMÁN CAMARIÑAS
Derrota do equipo de Moncho en Santiago onde as baixas do conxunto Camariñan e unha nova actuación arbitral escandalosa en contra das nosas, impediron que os conserveiros lograsen algo positivo da visita a capital de Galicia.
Está sendo norma habitual e non é ningunha excusa que a arbitraxe sea determinante e xa cansa, pois desquicia a un equipo que semana tras semana ve como se lle axuda aos rivais e iso é unha lousa.
Catalán con 7 goles, voltou a ser o máximo goleador dos Camariñáns.
A vindeira xornada os nosos reciben ao Balonmán Moaña.
PRIMEIRA AUTONÓMICA FEMENINA
BALONMÁN 27-26 TEUCRO
Partidazo do conxunto femenino do Balonmán Camariñas onde as nosas tiveron que loitar contro un adversario de renome como o Teucro e contra o duo arbitral que actuou a favor dun equipo visitante que nin coa axuda dos trencillas puido coas nosas e donde Karen, cunha maxistral actuación baixo os paus, foi clave na victoria das Camariñanas e demostra xornada tras xornada que pode ter un gran futuro no mundo balonmannístico.
Non fixeron unha boa primeira metade as nosas con contínuas perdas en ataque e cunha defensa pouco efectiva. Todo cambiou tralo descanso, as da terra do encaixe puxéronlle unha marcha máis e dominaron por completo a un gran equipo como o Teucro ata que os árbitros decidiron que había que axudar as Pontevedresas e con decisións en contra das nosas, déronlle alas as visitantes e incluso a opción de que empataran o partido pitando un penalti no último segundo e dando tempo de máis para que as visitantes tiveran máis opcións, pero alí estaba Karen, que desquiciou as da terra do Lérez coas suas paradas e logrou deter o penalti que lle daba a victoria as Camariñanas. Chapeau Karen!!!!. Nova victoria que colocan ao Balonmán Camariñas nos postos altos da táboa clasificatoria con 6 victorias e 2 derrotas.
A próxima xornada, as Camariñanas visitarán a cancha do líder, do Porriño.
Isto foi todo canto dou a xornada, como sempre, CAMARINAS.EU contouvos todo canto aconteceu cos nosos equipos.




















































































































































































































Comentarios
Este primer cambio obligará a reforma la Ley Orgánica del Poder Judicial. Pero no será la única normativa que el ministro Ruiz Gallardón ha anunciado: también reformará la ley del Menor y del Aborto. La cadena perpetua revisable también ha sido anunciada por el titular del Ministerio.
Para modernizar la Administración de la Justicia y moderar los abusos en el acceso a los órganos judiciales en segunda instancia, el ministro ha propuesto una revisión de las tasas y los depósitos judiciales ya existentes. El fin no es otro que no prolongar indebidamente el tiempo de resolución de los procesos, sin perjuicio del derecho a la tutela judicial efectiva. De esta forma, los ciudadanos deberán pagar cuando quieran recurrir a una segunda instancia judicial con la intención de reducir así " el abuso" de acceso a los tribunales y la ingente litigiosidad.
Una de las principales, la judicial, figuraba entre las promesas de los populares en el programa electoral. Entre otras cosas, los populares prometían "propiciar el respeto a la independencia" de los magistrados y "fortalecer el Consejo General del Poder Judicial". La fórmula, modificar el sistema de elección de los vocales,
"...para que, conforme a la Constitución, doce de su veinte miembros sean elegidos de entre y por jueces y magistrados de todas sus categorías".
En política antiterrorista, las excarcelaciones de etarras en virtud del fallo de Estrasburgo contra la doctrina Parot ha puesto en pie de guerra a las víctimas, a las que en el programa se prometía "una reparación a través de la justicia". El polémico caso Bolinaga, con la salida de prisión del terrorista por enfermedad con informes médicos que sí veían posible su tratamiento en prisión también han puesto en cuestión las promesas del Gobierno.
Salud y Libertad
Poder Limitado
El CEP Poder Limitado organiza conferencia sobre la Sentencia del TEDH relativa a la doctrina Parot, será el sábado 23 de noviembre a las 12 hs en los salones del Hotel Riazor en La Coruña y la impartirá el Catedrático de Derecho Constitucional de la Universidad de Santiago de Compostela, Carlos Ruiz Miguel. Entrada libre hasta completar aforo.
que triste es la vida de estos colosos cuando ven perdido el poder y pasan a ser piezas de porcelana ,
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.