- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 12 Novembro 2013 12 Novembro 2013
Malos resultados dos nosos equipos senior, onde tan só as féminas do Balonmán Camariñas conseguiron a victoria, mentres que o o Camelle acadaba un meritorio empate, xa que xogou con 7 homes os últimos 20 minutos de partido, onde outra vez voltou a sufrir un atracaco a man armada no que todo parece indicar que o colectivo arbitral tenlla tomada a un equipo humilde que só pide un trato igual aos demais e no que están hasta os mismísimos.... BASTA XA!!!. O Camariñas continúa costa abaixo e sin frenos, desta vez voltou a perder tras unha semana movidiña no clube. O Porteño caeu ante o Buño mentres que o equipo masculino do Balonmán Camariñas caeu derrotado tras un festival do duo arbitral que impediu que os Camariñáns gañaran o encontro.
FÚTBOL:
PRIMEIRA REXIONAL
CORDEIRO 4-1 CAMARIÑAS
Derrota do Camariñas en Cordeiro, onde acudiu sen o adestrador Berto que estaba fora por motivos persoais. Partido malo do Camariñas que foi inferior a un Cordeiro que saleu con máis gañas ao terreo de xogo e fixo máis cousas no "verde" para levarse o partido.
Pese a todo, un gol olímpico de David, dáballe o empate momentáneo ao Camariñas, pero foi un espellismo e o Cordeiro conseguiría tres goles máis para golear a un Camariñas que está nunha situación complicada, tan só un puntiño por enriba do descenso, necesitando unha victoria como a auga de maio para romper esta dinámica tan negativa que está atravesando. A vindeira xornada o Camariñas recibe ao Arzúa.
LIGA DA COSTA.SEGUNDA REXIONAL
CAMELLE 1-1 VOLANTES DE BAÑO
Empate moi meritorio do Camelle de Pupus que consuguíu un punto nun partido no que xogou dende o minuto 70 con sete xogadores, despois de que novamente e tras o atraco recibido en Outes, o colectivo arbitral expulsara a catro homes do Camelle por protestar dando mostras de que van a por un clube humilde e traballador como é o Camelle ao que deixan novamente nunha situación moi complicada, na que terá que fichar de novo para conseguir xuntar once xogadores de cara a vindeira xornada. O partido transcurría polo cauces normais, no que o Camelle desquiciado coa actitude do colexiado e coas decisións de éste, marcaba gol por mediación de Javi e adiantábase no marcador, pero o Volantes empataba dous minutos despois.
O "show" final, chegaba coas expulsións dun colexiado que era máis rápido amosando cartóns vermellos que Billy El Niño disparando no oeste, deixando ao Camelle con sete a falta de 20 minutos. Pero vaia sete había no campo que se deixaron a alma para acadar un empate que sabe a gloria.
BASTA XA!!! grritan en Camelle e con razón, esta persecución arbitral que non é normal.
A próxima xornada o Camelle terá derbi có Porteño, vaia partidazo nos espera!!!.
PORTEÑO 1-3 BUÑO
Derrota do Porteño do Roski nun partido no que parecía que os da Ponte do Porto tiñan controlado, pero que nun segundo tempo malo, remataron sucumbindo ante un Buño que aproveitou as debilidades locais. Comezarian ben os do Roski, marcando un gol tempraneiro por mediación de Brais nos minutos iniciais, incluso tendo ocasións para deixar sentenciado o encontro, pero non conseguiron materializar as ocasións.
Na segunda metade cambiou o conto, e o Buño foi superior a un Porteño que caeu a plan, e que veu como o rival acadaba tres goles que lle darían a victoria. Toca recargar pilas a un Porteño ao que lle espera a vindeira xornada o Camelle, un auténtico partidazo coas duas das mellores aficións da costa.
OUTROS RESULTADOS FUTBOLÍSTICOS:
LIGA XUVENIL
CAMARIÑAS 1-2 CABANA (a próxima xornada o Camariñas recibe ao Muxía)
CORISTANCO 4-0 PORTEÑO (a vindeira xornada o Porteño xoga en Laxe)
LIGA CADETE
MUXÍA 3-0 AS BALEAS (a próxima xornada As Baleas recibe ao Outes)
LIGA DE VETERÁNS:
PRIMEIRA DIVISIÓN
CAMARIÑAS 0-8 DUMBRIA (a vindeira xornada o Camariñas xoga en Castriz)
SEGUNDA DIVISIÓN
AUGALADA 2-1 PORTEÑO ( a próxima xornada o Porteño recibe ao Corcoesto)
VIMIANZO 0-5 CAMELLE (a vindeira xornada o Camelle recibe ao Leiloio)
BALONMÁN:
PRIMEIRA AUTONÓMICA MASCULINA
BALONMÁN CAMARIÑAS 24-29 POIO-ARTAI
Derrota inmerecida dos de Moncho que caeron ante un rival que se veu axudado por un duo arbitral que é para darlle de comer a parte e para que non volten a pitarlle aos Camariñáns.
Controlaba ben o partido dende o inicio o Camariñas pero cada vez que habría brecha no electrónico, tocaba axudar aos visitantes con decisións en contro dos de Moncho que facían que o Poio-Artai se achegase no marcador, e así sucedeu ata a falta de oito minutos para o remate, onde os conserveiros desquiciados polo contínuo atraco, non puideron resistir máis e acabaron perdendo un partido que deberon de gañalo.
Catalán con 7 goles foi o máximo anotador do partido. Toca pasar páxina e esperar que o colectivo arbitral non quite nada aos nosos para que disputen os partidos en condicións iguais aos rivais. A próxima xornada os Camariñáns visitarán ao Conxo.
PRIMEIRA AUTONÓMICA FEMENINA
BALONMÁN CAMARIÑAS 26-24 BALONMÁN FERROLTERRA
Victoria apretada a que acadaron as Camariñanas ante o Ferrolterra que lle puxo as cousas difíciles pero que non puido coa maior calidade e maior podiría as da terra do encaixe.
Voltan a senda das victorias as nosas guerreiras que están situadas na sexta posición da táboa clasificatoria a só duas victorias das líderes, o Bolonmán Porriño. A vindeira xornada as Camariñanas recibirán ao Teucro.
Esto foi todo canto dou a xornada, como sempre CAMARINAS.EU narrouvos todo o acontecido cos nosos equipos. CAMARINAS.EU, a web do deporte!!!.
Nota de Prensa do SD Camelle enviada a Camarinas.eu
Outra vez, pasou de novo, pero esta vez na casa, ven un colexiado de Corme, Bruno Méndez, expulsa a catro xogadores, riese de todo un pobo, marcha san e salvo (él e o seu coche) e aínda nos pon a caldo na acta...porque o insultaron...home se quere enviamoslle flores.
Dende o minuto 67 con 7 xogadores e fomos capaces de manter un resultado, canto menos digno. Estamos orgullosos no noso equipo, e aínda que se insultou o árbitro, tamén da nosa afección, que en ningún momento puxo en perigo a integridade do árbitro.
Xa entrou pola porta do Rodeiro pedindo Forzas do Orde antes de comenzar o partido, xa sabía a que viña, polo menos xa cheiraba mal a cousa...e non tardou nen 5 minutos en sacar xa dúas amarelas...que a postre se convertirían en vermellas.
En fín, o Camelle seguirá mentras poida e lle deixen, dende a directiva non lle podemos fallar a estes xogadores nin a esta afección, que en liñas xerais...está de 10.
Saúdos.
SD Camelle


Comentarios
La Comisión Europea niega que los cambios en el reparto de fondos vaya a provocar un vuelco en el número de becas y recuerdan que el presupuesto global para el periodo 2014-2020 se va a elevar en un 40%. “No habrá grandes oscilaciones en el dinero que recibe ningún país”, afirman fuentes de la institución. El reparto está hecho de manera que no vaya a haber grandes cambias en la cantidad de dinero que recibe un país “ni hacia arriba ni hacia abajo”, recalcan las fuentes, molestas con las declaraciones del Ministerio de Educación en las últimas semanas tratando de cargar a la UE con la responsabilidad de la “decisión política nacional” de reducir el tramo nacional de la popular beca Erasmus.
Redacción | Miércoles, 30 de octubre de 2013, 18:36
FÍJENSE EN LA FECHA SEÑORES Y VEAN ,QUE MAS CLARIDAD QUIEREN ,PERO POR FAVOR CON QUE MÚSICA ESTAMOS BAILANDO
Redacción | Miércoles, 30 de octubre de 2013, 18:36
que quede claro ,esto lo escribio el 30 de octubre,veanlo y que luego tenga que oir que este señor dice una verdad,si se la ven diganmelo
escrito por asi se fala 12/nov/13 19:36 h.
escrito por GRACIAS 12/nov/13 19:50 h.
escrito por eoquehay 12/nov/13 21:06 h.
escrito por pepe lui 12/nov/13 22:05 h.
escrito por Juanca 12/nov/13 22:07 h.
escrito por pe-pe 12/nov/13 22:58 h.
escrito por dimisión xa 12/nov/13 23:37 h
escrito por uno más del pp13/nov/13 09:05 h.
escrito por eu tamen votei o pp13/nov/13 13:08 h.
escrito por QUE MAS DA13/nov/13 14:10 h
escrito por jose.com 13/nov/13 21:08
escrito por aliala 13/nov/13 22:15 h.
escrito por un calquera 14/nov/13 10:15 h.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.