- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 05 Novembro 2013 05 Novembro 2013
Fin de semana convulso no que se refire ao deporte rei, o fútbol, no que o Camariñas caeu estrepitosamente na casa diante do colista, o que provocou a dimisión despois do partido do venres e non dimisión o sábado do adestrador Berto, que deixa ao Camariñas tocado. Por outra parte, o Camelle recibiu o atraco do siglo en Outes, onde un colexiado natural de Malpica, un tal Marcos Ordóñez, dou todo un recital de como non se debe arbitrar e demostrou que a imparcialidade tena donde remata a espalda deixando a un clube como o Camelle nunha situación complicada para xuntar once xogadores para a vindeira xornada despois das expulsións que sofriron en Outes. O Porteño é a cara positiva da fin de semana onde conseguíu gañar en Muros ao Volantes de Baño, acadando tres valiosos puntos. Destacar o comezo da tempada na categoría cadete, onde As Baleas de Vi, comezou con moi bo pé gañándolle ao Esteirana. No balonmán, os de Moncho golearon a domicilio ao Pontedeume e son colíderes da Primeira Autonómica, mentres que o plantel feminino caía ante o S.A.R. cortando así a excelente racha que levaban
FÚTBOL
PRIMEIRA AUTONÓMICA
CAMARIÑAS 2-5 AMIO
Visitaba o venres, o colista o Hermanas Patiño, e cabía presaxiar que o Camariñas de Berto iba acadar unha victoria que serviría para romper a negativa racha acadada nas derradeiras xornadas, pero a realidade foi outra, o colista, o Amio de Santiago de Compostela, goleaba a un Camariñas sen ideas que se veu sorprendido por un rival que domostrou que mereceu gañar o partido despois do que se veu no terreo de xogo,sobre todo nos últimos dez minutos de partido onde conseguiron tres goles. Adiantábanse os visitantes ao pouco de iniciarse o partido, pero un gol de Yuyo, daba o empate ao Camariñas antes de chegarse ao descanso.
Tralo tempo de lecer, os visitantes voltaban a poñerse por diante no marcador, pero un gol do capitán Moriño, daba novamente o empate aos Camariñáns que querían a victoria. Pero chegaron os últimos minutos de partido e chegou a debacle, pois o Amio nese tempo, acadaba tres goles en moi pouco tempo aproveitando as facilidades do conxunto locatario e deixando ao Camariñas tocado.
A noticia saltaba ao remate do partido, pois o adestrador local Berto, presentaba a súa dimisión e deixaba de ser adestrador do Camariñas, unha dimisión que duraba poucas horas, pois o director desta web, recibía na mañá do sábado unha chamada de Vicente Carril decindo que non había dimisión algunha, que todo continuaba igual... Ao final parece que todo segue igual, vostedes poden sacar as conclusións que queiran, pero o que si é certo, é que actualmente a situación do equipo non é a mellor e necesítase urxentemente unha victoria canto antes para que deportivamente o Camariñas comece a escalar postos na táboa clasificatoria e de paso calmar as augas que baixan un tanto revoltas.
O Camariñas é o decimocuarto clasificado, a tan só dous puntos do descenso. A vindeira xornada o Camariñas xoga en Cordeiro.
LIGA DA COSTA. SEGUNDA REXIONAL
OUTES 1-0 CAMELLE
Atraco a man armada o que sufíu o Camelle de Pupus na súa visita ao líder, o Outes. Sabía o Camelle que o partido iba a ser complicado e que para traer algo positivo da casa do líder iba a ser complicado, máis despois das baixas que ten o equipo que conta cos efectivos xustos, pero o que non se esperaba o Camelle nin os alí presentes, era que un señor por chamalo de algunha maneira, un tal Marcos Ordóñez do colexio da Coruña, fixera dende o inicio do partido unha persecución de semellante calado que facía tempo non se acordaba no fútbol costeiro.
O trencilla encargouse de sacar de quicio a un Camelle que lle estaba plantando cara ao líder e na súa casa, a un Camelle que a pesar de ir perdendo, estaba poñendo en apretos ao conxunto local ata que de golpe e porrazo o colexiado comezou co festival de expulsións sen sentido e desquiciando a un Camelle que xogou con oito xogadores e que incluso así, pese a notoria inferioridade, tivo ocasións ata o último momento para empatar o partido demostrando que garra e gañas teñen de sobra, que son un equipo que se crece ante as adversidades como así o demostraron.
Dende a directiva do Camelle, queren deixar claro que nada malo teñen que falar do público do Outes (sempre hai algunha excepción pero iso pasa en tódoos terreos de xogo) e do propio conxunto, pois teñen palabras de agradecemento polo trato recibido, non así dun colexiado que actuou de forma decarada, un colexiado que lle faltou o respeto a xogadores, clube e afición de Camelle que non se merece un trato semellante.
Agora toca esperar que os recursos que se van a presentar prosperen, pois de non ser así o Camelle vai ter que facer encaixe de bolillos para xuntar once futbolistas para a próxima xornada na que recibirá no Rodeiro ao Outes. Actualmente o Camelle é undécimo na táboa clasificatoria, tres puntos por enriba dos postos de descenso. Dende aquí, querémos mandarlle ánimos ao Camelle e mostrarlle o nosos apoio, esperando ademais, que o colexido anteriormente mencionado non volte a arbitrarlle nunca máis ao equipo Camellán.
VOLANTES 1-3 PORTEÑO
Victoria a domicilio do Porteño do Roski que ven a demostrar que as terras Muradáns dánselle moi ben ao conxunto da Ponte do Porto. Foi unha victoria moi traballada e merecida, onde o Porteño aproveitou moi ben as ocasións das que dispuxo e voltou a demostrar que traballa moi ben as xogadas a balón parado, un aspecto moi importante e que ao longo da tempada da moitos puntos.
Cousillas adiantaría antes do descanso ao Porteño que chegaría ao descanso có marcador de cero goles a un. Na reanudación empatarían os locais, pero apareceu Varela, un xogador que vai sobrado de calidade e dos mellores da categoría que ademais está en racha e conseguiría marcar dous goles que a postre lle deron aos do Roski tres puntiños de ouro que curtan deste xeito unha racha negativa de resultados. Actualmente o Porteño e séptimo na clasificación, a seis puntos do ascenso. A vindeira xornada o Porteño rebirá ao Buño.
CATEGORÍAS INFERIORES:
LIGA XUVENIL
CAMARIÑAS (descansou o Camariñas que se enfrontará a próxima xornada no Hermanas Patiño ao líder, o Cabana)
PORTEÑO 2-3 BAIO (derrota pola mínima do Porteño que a vindeira xornada xogará en Coristanco)
LIGA CADETE
AS BALEAS 2-0 ESTEIRANA (victoria na estrea do campeonato cadete dos de Vi que xogarán o derbi en Muxía a próxima xornada)
LIGA DE VETERÁNS:
PRIMEIRA DIVISIÓN
CORISTANCO 9-0 CAMARIÑAS (O Camariñas xa é colista con tan só 3 puntos. A vindeira xornada o Camariñas recibe ao Dumbria)
SEGUNDA DIVISIÓN
CAMELLE 2-2 PORTEÑO (Empate no derbi que estaba aprazado)
CAMELLE 1-1 PONIENTE (empate do Camelle, cuarto na clasificación a tres puntos do líder. A próxima xornada visitan ao Vimianzo)
PORTEÑO 4-1 CORME (victoria do Porteño que se sitúa décimo a sete puntos do Camelle e dez do líder. A vindeira xornada xogan en Augalada)
BALONMÁN
PRIMEIRA AUTONÓMICA FEMENINA
S.A.R. 28-21 BALONMÁN CAMARIÑAS
Derrota das Camariñanas por sete goles de diferencia nun partido onde as nosos non estiveron a un bó nivel defensivo, facilitando moitos lanzamentos claros as locais que non desaproveitaron para marcar goles. Pese a derrota, as Camariñanas como é costume, deron a cara en todo momento a pesar da derrota final, unha derrota que curta unha racha positiva. Actualmente son sextas na clasificación xeral a seis puntos das líderes. A próxima xornada, as nosas "guerrilleiras" recibirán ao Balonmán Ferrolterra no Pavillón do Areal.
PRIMEIRA AUTONÓMICA MASCULINA
BALONMÁN PONTEDEUME 32-38 BALONMÁN CAMARIÑAS
Victoria a domicilio dos homes de Moncho que venceron a domicilio a un duro rival como é o Pontedeume nun partido que sempre foi moi apretado en canto ao marcador se refire que se rompeu nos dez minutos finais cando o Camariñas abreu brecha marcando goles ao contraataque deixando o resultado final no 32-38 despois de que se chegara ao descanso con empate a 17 tantos.
Como se pode ver polo abultado do marcador, foi un partido onde os ataques estiveron por encima das defensas e así o demostran os 70 goles que houbo no partido. Borja con 7 goles e Catalán con 6, foron os máximos goleadores do encontro. Son líderes os Camariñáns despois de duas xornadas de competición, e para seguir no máis alto da táboa clasificatoria deberán gañar a vindeira xornada ao Poio-Artai no Pavillón do Areal.
Isto foi todo canto dou a xornada, coma sempre, CAMARINAS.EU narrouvos todo canto aconteceu cos nosos equipos.
CAMARINAS.EU, a web que vive o deporte!!!




Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.