- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 29 Outubro 2013 29 Outubro 2013

Malísima a xornada futbolística dos nosos conxuntos onde por primeira vez dende que comezou o campeonato ligueiro, os tres clubes do Concello perderon os seus partidos. Camariñas, Porteño e Camelle, non foron quen de obter un resultado positivo. Tan só o Camelle de veteranos foi quen de gañar nesta xornada onde hai que contar como dato positivo o empate do Porteño de veteráns. Nas demais categorías, incluido a xuvenil, houbo derrotas. No balonmán, todo o contrario, tanto o cadro masculino coma o feminino, lograron sendas victorias, as mulleres cun marcador algado mentres que os homes gañaron pola mínima no primeiro partido de liga.
FÚTBOL
PRIMEIRA AUTONÓMICA
CAMARIÑAS 1-3 BERTAMIRÁNS B
Derrota do Camariñas de Berto no Hermanas Patiño nun partido onde os locais sempre foron a remolque no marcador e no que finalmente remataron perdendo.
Non sairon ben os Camariñas ao terreo de xogo, tardaron en entrar ao partido e cando se deron conta xa os visitantes estaban por diante no marcador. Có marcador en contra, o Camariñas tentou o empate pero marrou as poucas ocasións claras das que dispuxo.
Na segunda metade máis do mesmo, os Camariñáns recibían o segundo gol que caeu como un xerro de auga fria. A partir de ahí tentaron ir a por todas e Martín marcaba o gol da esperanza, unha esperanza que se truncou cando o Camariñas estaba volcado e nunha contra, os visitantes mataban o partido logrando o terceiro gol.
Primeira derrota no Hermanas Patiño que fai que o Camariñas baixe postos na táboa clasificatoria situándose a tan só 3 puntos do descenso. Queda moita liga por diante, pero o Camariñas debe espabilar e sobre todo mellorar fora da casa que está sendo a asignatura pendiente neste inicio de tempada. A vindeira xornada o Camariñas voltará a xogar no Hermanas Patiño onde recibirá ao colista, ao Amio.
LIGA DA COSTA. SEGUNDA REXIONAL
PORTEÑO 1-3 OUTES
Derrota do Porteño do Roski ante o líder, un Outes que tivo a sorte dos campeóns e quen se levou un partido onde os da Ponte do Porto non mereceron tal castigo.
Foi un partido xogado de poder a poder, onde o Porteño saleu sen complexos a demostrarlle ao líder que si quería gañar iba ter que suar moito, e pese a que os visitantes se poñían por diante no marcador na primeira metade, Varela que está nunha segunda xuventude, colocaba o empate aos 10 minutos da segunda metade. Estaba o partido moi disputado cun Porteño que incordiaba máis a meta visitante e que merecía máis ata que chegou a xogada desgraciado do segundo gol dos visitantes cando mellor estaba o Porteño, ese gol en propia mete pesou moito e pesa a intentar o empate o Porteño recibía un terceiro gol que deixaba o partido sentenciado.
Malia derrota os do Roski deron a talla e unha boa imaxe diante do líder da competición, agora o Porteño é oitavo na clasificación con 13 puntos. A próxima xornada o Porteño viaxará ata muros para enfrontarse ao Volantes de Baño.
CAMELLE 2-4 CARNOTA
Derrota do Camelle de Pupus que notou demasiado as numerosas baixas no seu plantel e no que unha mala primeira metade fixo que perderan o encontro diante do equipo carnotán. Chegaba con tan só 11 homes o Camelle a este encontro debido as baixas por distintos motivos, e iso unido a unha mala primeira metade, fixo que o Camelle chegase ao descanso cun marcador desfavorable de un gol a tres.
Tras a reanudación, o Camelle foi moito mellor que o Carnota pero a desventaxa no marcador era grande e ainda por riba o Carnota nunha das primeiras veces que chegaba a porta na segunda metade, acadabo o cuarto gol. Finalmente, o Camelle marcaría no treito final o segundo gol que ao igual que o primeiro foi obra de Matías, un dos destacados do conxunto Camellán. Tócalle traballar a directiva do Camelle para tratar de reforzar o equipo que necesita efectivos para non acudir excasos de xogadores aos encontros.
O Camelle é undécimo da clasificación xeral con oito puntos. A vindeira xornada o Camelle visitará ao líder, o Outes.
OUTROS RESULTADOS FUTBOLÍSTICOS
LIGA XUVENIL
Severas derrotas as recibidas por Porteño e Camariñas ante o Ponteceso e o Corme respectivamente. Ao igual que os maiores, a xornada na categoría xuvenil foi un desastre onde os nósos conxuntos viñeron dos seus desprazamentos con sendas goleadas.
PONTECESO 6-0 PORTEÑO (a próxima xornada o Porteño recibe ao Baio)
CORME 7-1 CAMARIÑAS (a vindeira xornada o Camariñas descansará)
LIGA DE VETERÁNS
Resultados de todo tipo os que obtiveron os nosos na liga de veteráns onde houbo unha derrota, a do Camariñas, un empate, o do Porteño e unha victoria do Camelle que está demostrando neste inicio ligueiro que si o mar non está en calma os domingos vai a dar moito que falar e loitará polo ascenso.
PRIMEIRA DIVISIÓN
CAMARIÑAS 0-5 CABANA ( a próxima xornada o Camariñas xoga en Coristanco)
SEGUNDA DIVISIÓN
LEILOIO 2-2 PORTEÑO ( a vindeira xornada o Porteño recibe ao Corme)
DEP. CARBALLO 1-2 CAMELLE ( a próxima xornada o Camelle recibe ao Poniente)
BALONMÁN
PRIMEIRA AUTONÇOMICA FEMENINA
BALONMÁN CAMARIÑAS 30-23 BALONMÁN CASELAS
Victoria das Camariñanas que están atravesando unha magnífica racha de resultados e xogo, que venceron na tarde do sábado ao Balonmán Caselas nun partido moi completo das da terra do encaixe.
Sairon dende o inicio a polo encontro as nosas, e foron a por unhas rivais que se viron superadas polo poderío ofensivo Camariñán que unha e outra vez conseguían marcar en cada xogada ofensiva, mentras que o labor defensivo xunto coa boa actuación das porteiras, fixo que as locais gañaran o encontro con claridade.
Están situadas as nosas nos postos privilexiados da táboa clasificatoria e queren alargar o máximo posible esta racha positiva. A vindeira xornada as Camariñanas visitarán ao S.A.R.
PRIMEIRA AUTONÓMICA MASCULINA
BALONMÁN CAMARIÑAS 32-31 RASOEIRO
Primeira xornada e primeira victoria do conxunto camariñán que dirixe Moncho nun partido non apta para cardíacos. Saleu o Camariñas a tope dende o pitido inicial e motivo diso, os Camariñáns abriron brecha e lograban unhas ventaxas no marcador de cinco e seis goles, pero antes do descanso, os locais sufren unha "pájara" monumental e chégase ao descanso cunha ventaxa de tres goles para os visitantes.
No descanso Moncho espabilou aos seus e o partido converteuse nun intercambio de golpes de un e outro conxunto facendo que cada posesión fose de ouro, estaba o encontro moi disputado ata que o Camariñas a falta de tres minutos, colocábase con tres goles de ventaxa que parecían sentenciar o partido, pero houbo que sufrir, pois na última xogado os visitantes tiveron posesión para empatar, pero o gardamallas Bruno atallou o balón no disparo dun xogador do Rasoeiro evitando deste xeito o empate.
Comezou con bon pé o Balonmán Camariñas esta liga, na que o equipo sufriu unha gran transformación a nivel de plantel e de adestrador. A próxima xornada os de Moncho xogarán en Pontedeume ante o conxunto local.
Isto foi todo canto dou a xornada deportiva dos equipos do noso Concello. Coma sempre, CAMARINAS.EU, contouvos todo canto aconteceu cós nosos conxuntos.

Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.