- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 28 Outubro 2013 28 Outubro 2013

Na mañá deste sábado 26 de outubro Camarinas.eu estaba invitada a asistir á presentación oficial para a tempada 2013-2014 do CB Camariñas. Un acto que unha vez superados problemas loxísticos do pasado retornou ás instalacións do Club Náutico de Camariñas cunha marea de nenos, pais, xogadores e directivos que quixeron estar presentes nesta nova singladura que daba comezo este mesmo sábado cos encontros desputados pola mañán polos equipos das categorías inferiores e que precedía aos que pola tarde enfrontaría ao Encaixe-Camariñas co Caselas (17:00) e ao Conservas Boya cos mecos do Rasoeiro do Grove (18:30), partido no que ao fin e á postre os camariñáns resultarían vencedores.
No extrictamente deportivo cabe destacar os cambios realizados nos banquiños dos principais conxuntos da sección femenina e masculina. En tempos de carestía nada mellor que voltar os ollos cara os fillos da terra e así o noso querido amigo Moncho asegura un timón firme e sabio, experiementado en centos de encontros de alto nivel competitivo, aos mandos do cadro masculino. O femenino recaerá en José Ramón Suárez Santos. Tamén por vez primeira decidío a Directiva do club repartir entre todos os asistentes unha camiseta conmemorativa do evento e así unha marea violeta de pequenos e non tan pequenos se repartía polas instalacións náuticas e deparaba unha curiosa estampa para a posteridade. Unha estampa que captaba o fedatario ollo público privilexiado de Camarinas.eu, que un ano máis, como non podía ser doutra maneira, estaba presente na cita, brindando todo o seu máximo apoio ao principal club balonmanístico do Concello de Camariñas nesta nova andaina que quedaba inaugurada na data de autos.
























































































Comentarios
el amor incita sus ánimos.
Cuando Baco visita a las mujeres,
las hace súbditas de ti, ¡Oh, Venus!
Baco entra en las venas con cálido licor,
les hace encenderse con ardor.
Baco aligera cuidados y dolores,
confiriendo places y alegría, risa y amor.
Todos te cantamos las mayores alabanzas,
y con razón te ensalzamos por todos los tiempos.
DEJALO YO ESTOY AQUI
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.