- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 21 Outubro 2013 21 Outubro 2013

Novo éxito da BTT A Caramiña organizada polos nosos colegas da Peña Ciclista Baikers do Vilán coa colaboración do Concello de Camariñas. Este domingo 20 de outubro as inclemencias meteorolóxicas que nos veñen azoutando todo este mes fixeron un alto na súa inxente axenda para dar paso a unha nova edición desta xa clásica carreira dentro do panorama ciclista da Costa da Morte. Dende primeiras horas da mañá parte da redacción de Camarinas.eu púxose en marcha para cubrir casi ao completo dito evento que contou con un centenar de participantes que comezaron a pedalear a eso das 9:30 da mañán despois do bandeirazo de saída dado polo Alcalde Pichurri que estivo acompañado polos concelleiros Sergio Caamaño e Mari Carmen Linares. Todos e cada un dos corredores desta BTT camariñana gozaron outra vez máis dunha maravillosa ruta confeccionada pola propia organización e que percorre parte dos nosos máis espectaculares paraxes. Hai que resaltar a perfecta sincronización da carreira por parte dos integrantes da peña cilista camariñana que a tenor dos comentarios dos máis expertos participantes cos que tivo ocasión de falar Camarinas.eu "souberon perfectamente ubicar a moita xente da organización nos cruces que supoñían perigo para perderse" así como comentarios alabando "a perfecta señalización tanto da ruta corta como da larga chegándose a utilizar incluso un tipo de pintura especial de spray biodegradable e ecolóxica para non afectar ao medio ambiente". Tamén cabe destacar por parte desta redacción o duro traballo de adaptación e desbroce dos camiños que acometeron semanas atrás os integrantes da PC Baikers do Vilán para que a carreira se pudera efectuar.
En canto aos resultados meramente deportivos tan só nos queda destacar aos primeiros clasificados das dúas carreiras desputadas. Dos cen inscritos a primeira posición recaeu do lado de todo un experto neste deporte, o compostelán BRANDAN MARQUEZ (TEAM CORVELO PORTONOVO), o segundo posto foi para GONZALO SUAREZ (CLUB ULTREIA SANTIAGO) e o terceiro JOSÉ VICENTE FORMOSO "TRIKI" ( CC DUMBRIA ). Tamén houbo premio para a corredora ISABEL SENDÓN VILLAVERDE (BICICLETAS TRIKI MUROS) como a primeira muller da clasificación así como un trofeo ao corredor máis xoven desta BTT que foi o neno de dez anos de idade ALEX REI (CC ARTEIXO). O trofeo para o máis veteranos foi desta vez para as mans de JOSÉ RODRÍGUEZ GESTO ( CC MONTENEME CARBALLO) e o trofeo para o club con máis participantes nesta carreira recaeu no CLUB CICLISTA CEE. Finalmente queremos dar a nosa máis sinceira noraboa a toda a organización desta 2ª BTT da Caramiña e tamén desde Camarinas.eu aportar o noso granciño de area e ofrecer a todos os que participástedes nesta carreira unha supergalería de cáseque 400 fotos nas que salen todos e cada un dos corredores que asistiron a este gran evento organizado polos integrantes da PC Baikers do Vilán. Noraboa chavales!












































































































































































































































































































































































Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.