1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O Camelle SD segue invicto nesta temporada 2013-2014 - Foto: sdcamelle.blogspot.com.es
Xornada mala para os nosos equipos de fútbol onde tan só o Camelle foi quen de conseguir un empate en Cabana, empate que mantén invicto ao conxunto camellán. O FC Camariñas caeu derrotado por goleada ante o Agolada dando unha mala imaxe e o Porteño sufriu a primeira derrota da tempada no campo dun dos favoritos, o Fisterra. No balonmán, o CB Camariñas conseguíu a súa primeira victoria da tempada ante o Conxo, demostrando que van a máis a medida que avanzan as xornadas. O equipo femenino caeu derrotado por un marcador abultado en O Grove, en plena Festa do Marisco, pero pese a todo, as nosas rapazas están pagando a falta de experiencia na maioría das súas xogadoras pero van a dar moito que falar en canto perdan ese respeto á competición.

 PRIMEIRA REXIONAL
AGOLADA 5-0 CAMARIÑAS
Derrota do Camariñas de Berto nun mal partido no que o Camariñas non dou unha boa imaxe e non foi quen de plantar cara a un rival que foi moi superior como así o demostra o marcador. Chegaba o Camariñas con baixas no equipo, pero pese as baixas, non estivo a altura do partido e durante os 90 minutos non foi rival para os locais.
Está demostrando duas caras este Camariñas no inicio de tempada, unha positiva cando xoga na casa e outra moi distinta, negativa cando xoga como visitante. Ten que mellorar como visitante o conxunto Camariñán para tratar de facer máis bos os resultados que está a acadar no Hermanas Patiño. A vindeira xornada o Camariñas recibe ao Flavia.

LIGA DA COSTA. SEGUNDA REXIONAL
CABANA 1-1 CAMELLE
Empate do Camelle de Pupus en Cabana nun partido onde o Camelle soubo sufrir para acometer o dominio local durante a maior parte do encontro, para nos minutos finais tirando da garra e a fe que ten o Camelle, conseguir empatar un partido ante un rival difícil. Matías foi o autor do gol do Camelle, gol acadado nos minutos finais de encontro que supoñía o empate a un tanto no marcador.
Segue o Camelle sen coñecer a derrota neste arranque ligueiro e demostrando ser un equipo rocoso e difícil de batir,un equipo que é solidario no traballo e que vai a dar moito que falar nesta liga ca costa. A próxima xornada o Camelle recibirá no seu campo do Rodeiro a un dos favaoritos para o ascenso como é o Fisterra, unha boa pedra de toque para medir o nivel que pode acadar este Camelle que apunta a ser moi alto.

FISTERRA 3-1 PORTEÑO
Derrota do Porteño do Roski que deixa de ser equipo invicto ante un rival dos chamados galiños da categoría como é o Fisterra. Perdeu o Porteño un partido onde a gran diferencia estivo na pegada final, onde o cadro fisterrán demostrou que ten pura dinamita no seu ataque, motivo polo cal o Fisterra logrou unha victoria cómoda no marcador pero que tivo que loitar no campo debido que este Porteño vende cara as súas derrotas como o demostrou esta xornada pasada.
Ismael a media hora de xogo, marcou o gol que supoñía o empate a un tanto, empate momentáneo xa que o Fisterra poríase por diante no marcador antes do descanso e xa na segunda metade, marcaría o seu terceiro gol. Non se teñen que vir abaixo por esta derrota os homes do Roski, xa que neste campo van a perder moitos equipos. A vindeira xornada o Porteño recibe ao Sofán.

LIGA XUVENIL
CAMARIÑAS 2-1 BAIO
Victoria do Camariñas de Pirucho que logrou gañar pola mínima a un Baio que vendeu cara a súa derrota. Tivo que loitar moito o conxunto Camariñán para acadar os tres puntos, unha victoria que chegou cos goles acadados por Aitor e Nené. Está o Camariñas situado nun triple empate na segunda posición, a tan só 2 puntos do líder, o Corme. A próxima xornada o Camariñas xoga en Coristanco.

MALPICA 5-2 PORTEÑO
Derrota do Porteño na súa visita a Malpica onde caeu por un marcador de cinco goles a dous. Está o Porteño mellorando xornada tras xornada e a medida que o plantel vaia acumulando experiencia na categoría, seguro que os resultados positivos chegarán. A vindeira xornada o Porteño descansará.

OUTROS RESULTADOS FUTBOLÍSTICOS
LIGA DE VETERÁNS:
PRIMEIRA DIVISIÓN
SAN ROMÁN 3-0 CAMARIÑAS (A próxima xornada o Camariñas recibe ao Soneira)
SEGUNDA DIVISIÓN
CAMELLE 2-2 CORCOESTO (Goles de Manolo e Diego. A vindeira xorna o Camelle xoga en Cerqueda)
PORTEÑO (Descansou. A próxima xornada o Porteño recibe ao At. Milagrosa)

BALONMÁN
PRIMEIRA AUTONÓMICA FEMENINA
RASOEIRO 31-17 BALONMÁN CAMARIÑAS
Derrota das rapazas de José Ramón nun partido onde as camariñanas sairon a tope e acadaron unha ventaxa no marcador que foron perdéndoa paulatinamente e no descanso as locais xa chegaban con ventaxa no marcador de catro goles.
Queíxanse as nosas e con razón da arbitraxe demasiado caseira, e donde Sara foi expulsada nos primeiros minutos da segunda metade por acumulación de exclusións e a partires de ahí acabouse o encontro. Toca olvidar este partido e centrarse xa no próximo onde o Camariñas recibirá ao Lavadores.

COPA FEDERACIÓN
BALONMÁN CAMARIÑAS 34-24 CONXO
Primeira victoria dos camariñáns que dirixe Moncho, que gañaron ao Conxo nun partido moi completo, onde os locais estiveron moi ben no plano defensivo e moi ordenados en ataque onde aproveitaron moi ben as xogadas de contraataque para abrir unha brecha no marcador que sería insalvable para os visitantes. A medida que pasan as xornadas vaise notando a melloría no plantel de Moncho que está a facer un gran traballo.
Destacar a volta as pistas de Alan, que despois de mais de un ano inactivo por mor dunha lesión, voltou as canchas demostrando que non se lle olvidou xogar ao balonmán. Destacar a actuación de Borja e Figueroa. A vindeira xornada os nosos xogarán en Pontevedra ante o Artai, líder do grupo.

Isto foi todo canto dou a xornada, como sempre CAMARINAS.EU contouvos todo canto aconteceu cós equipos do noso concello.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.