- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 25 Setembro 2013 25 Setembro 2013
Fin de semana onde houbo 1, X e 2 dos nosos equipos. O FC Camariñas que no minuto 80 de partido gañaba por un gol a tres, perdeu finalmente o partido, en 10 minutos recibío 3 goles, un kaos final que deixou aos nosos sen premio. O Porteño segue ao seu e voltou cunha nova victoria de Corcubión, xa van tres de tres. O Camelle voltou a empatar, pero tras ser atracado polo árbitro e cun home menos, aínda así logrou empatar un partido que no descanso perdía por catro goles, ahí queda eso. Comezou a súa andaina o equipo senior masculino do Balonmán Camariñas, os de Moncho perderon por un gol na súa estrea no torneo copeiro.
PRIMEIRA REXIONAL
SIGÜEIRO 4-3 CAMARIÑAS
Dolorosa derrota do Camariñas de Berto que deixou escapar unha victoria cantada nos 10 minutos finais fatídicos onde o Camariñas tirou por banda unha clara ventaxa no marcador.
Comezou ben o partido o Camariñas, dominando e creando ocasións, motivo polo cal os goles non tardarían en chegar, así Wii primeiro, e despois Mario Toja e Sule, anotarían os goles do Camariñas para colocar o marcador no 1-3 momentáneo. Pese a ir por diante do marcador, o Camariñas tivo ocasións para obter un marcador de escándalo pero perdonou demasiado, e quen perdoa págao, e así foi, pois nos últimos 10 minutos, os locais marcaríanlle tres goles deixando o marcador final no 4-3 definitivo e o que é peor, unha sensación de impotencia que esperemos non lles afecte en vindeiros partidos.
A vindeira xornada toca derbi no Hermanas Patiño, o Camariñas recibirá ao Baio.
LIGA DA COSTA. SEGUNDA REXIONAL
CORME 4-4 CAMELLE
Partidazo épico do Camelle de Pupus que loitou contra o equipo rival e contra o colexiado do mesmo para lograr un punto tras unha remontada de escándalo.
Houbo polémica e ata o colexiado parou o partido por uns minutos despois de liala parda expulsando ao porteiro do Camelle,sinalando penalti e provocando que un xogador de campo se puxera debaixo dos paus, motivo que provcou o enfado dos Camelláns que protestaron e con razón a xogada en sí, e cos nervios alterados houbo un amago de tangana que non foi a maiores. Tras a reanudación do partido, o Corme aproveitou o nerviosismo do Camelle e chegaría ao descanso cunha clara ventaxa de catro goles a cero.
Foi despois do tempo de descanso cando o Camelle salío ao terreo tocando avalancha, e así tras o primeiro gol de Felipe Barreiro, chegaría o segundo obra de Barreiro de novo, o terceiro marcado por Sergio e o cuarto que daba o empate conseguido por Mario. Punto que sabe a gloria e que de seguro lles vai dar aos Camellán moitas alas para afrontar vindeiros partidos. A próxima xornada o Camelle recibirá no Rodeiro ao Corcubión.
CORCUBIÓN 2-4 PORTEÑO
Tres de tres para o Porteño do Roski que é líder da Liga da Costa xunto ao Outes, dando unha imaxe de equipo que ten as ideas claras e que sabe ao que xoga, cun plantel onde houbo moitos cambios respecto ao ano pasado que está dando un gran nivel. Saleu a por todas o Porteño, indo a polo partido dende o minuto un, chegando ao descanso cun resultado de 1-3 con goles acadados por Carlos do Meu Lar, Carlos Doyle e Marcos.
Tralo descanso, o Vorcubión acurtou distancias, pero un novo gol de penalti (foron claros os tres que se pitaron, dous a favor do Porteño e un a prol do Corcubión) obra novamente de Carlos do Meu Lar, deixaría o encontro có marcador final de dous goles a catro. A nota negativa foi a expulsión de Varela tras un amago de tangana cun xogador rival. A vindeira xornada o Porteño recibe ao Cabana.
LIGA XUVENIL
CAMARIÑAS 3-1 CASTRIZ
Victoria do Camariñas que estivo atinado a marcar cando tivo oportunidade para lograr gañar o partido ante un Castriz que buscou as contras para sorprender aos Camariñáns sin éxito final. Está o Camariñas situado na segunda posición da táboa clasificatoria a tan só un puntiño do líder, o Corme. A próxima xornada o Camariñas xoga en Ponteceso.
CABANA 7-0 PORTEÑO
Duro correctivo o que levou o Porteño en Cabana onde caeu por un contundente sete a cero. Está pagando caro o Porteño a falta de experiencia nesta competición. A próxima xornada o Porteño recibe ao Muxía.
BALONMÁN
COPA
BALONMÁN PORRIÑO 34-33 BALONMÁN CAMARIÑAS
Derrota pola mínima do Camariñas de Moncho que caeu por un solitario gol de diferencia ante o Porriño. Empezaron moi mal os Camariñáns, sobre todo en defensa onde non lograban parar os ataques dos locais e tamén desquiciados có nefasto arbitraxe recibido e coa dureza dos lacois aos que lle permitían todo, provocando que abriran unha brecha no electrónico chegando ao descanso cun marcador de 18-12 favorable aos locais.
Na segunda metade notouse a melloría dos Camariñáns que chegaron moi fatigados ao treito final do partido e onde a portería Camariñana que non estivo moi atinada impediron a remontada final. O vindeiro sábado recibirán os Camariñáns ao Conxo no Pavillón do Areal.
Isto foi todo canto dou a xornada. Como sempre CAMARINAS.EU contouvos todo canto aconteceu cos nosos equipos.
Comentarios
Resposta de Carmen Suárez: Estou totalmente de acordo con vostede, quizáis en parte por iso se conseguiron excelentes resultados nas pasadas eleccións, aínda que permítame que tamén diga que foi importante para esos logros o traballo de moita xente, pero ten razón, as veces non se vota ó candidato, e as probas me remito.
,de acuerdo,
Resposta de Carmen Suárez: Eu diría máis, un ten que saber cando non o queren e saber marchar con dignidad.no estoy de acuerdo,primero es hacer un equipo nuevo con personas preparadas ,tambien puedes ampliar la carta a Carlos Negreira y a Diego Calvo ,que esos si que no valen para nada.HABLA MAS CLARO,TE QUEDAS MUY CORTA
Resposta de Carmen Suárez: Si eso, que supoño que asi é, vai dirixido ó Sr. Olveira, direille que en contra do meu consello equivocouse nunha etapa da información do diariio, e foi precisamente ca súa aposta pola defensa no Náutico, el preferio seguir adiante aínda que iso lle trouxera consecuencias porque creía que era o máis xusto. As veces aínda e máis digno que a algún o poñan fora a conservar un posto a costa de todo.YO NO LO VEO ASI ,oLVEIRA DEJO DE IR POR EL NAUTICO DESDE EL PRINCIPIO ,ESCRIBIENDO A FAVOR DE ZAIRA Y HABLANDO DE LOS CONCEJALES Y HACIENDO PEQUEÑOS COMITES
Resposta de Carmen Suárez: Eso sería terrible con máis dun Pichurri, non quero nin imaxinalo, como tampouco que ilusiona pensar que poidera haber máis dun Daniel Rego, penso que con un de cada temos máis que suficiente.ESO DECIDEO O POBO EN UNHA DEMOCRACIA
Resposta de Carmen Suárez: Vostede sabe que as liortas que aquí se presentan e se poden presentar non son caprichos, son realidades e traicións.DIGA USTED CUALES SON LAS TRAICIONES,
Resposta de Carmen Suárez: SIN PALABRAS...
CLARO QUE SE QUEDA SIN PALABRAS ,SI LA ESTAN POSTULANDO A USTED COMO SUCESORA Y NADIE LO COMENTO,¿DONDE LA DEMOCRACIA DE 4 SELORES QUE NO PARAN DE JODER?
Resposta de Carmen Suárez: Alégrome que o recorde, está ben que non olvide que usted chegou aquí para unha xestora e como candidato imposto pola provincial.
SIN COMENTARIOS
Resposta de Carmen Suárez: En iso estivemos todos dacordo, pero uns con máis intereseds que outros a que iso se levará a cabo, pero alégrome que diga públicamente que o Comité Local está disolto, agora entendo porque non existen reunións habitualmente.
DEPENDIA DE LOS DE ARRIBA
Resposta de Carmen Suárez: Nesta declaración estou totalmente en desacordo sobre a unión do PP porque temos mostras de sobra do contrario, e sobre o de escoitar os veciños, entón explíquenme porque a abstención do PP no Plan Xeral cando había 600 alegacións...¿U nha otitis conxunta, por exemplo?.OUTRA VACA MAIS NO MILLO,EL PLAN SALIA IGUAL SE ABSTUVIERAN ,VOTARAN QUE NO O NO FUERAN AL PLENO ¿UNA PREGUNTA ?¿USTED SABE COMO FUNCIONA UNA DEMOCRACIA O QUE ?
Resposta de Carmen Suárez: Esto venlle a vostede de vello ou é debido a que non lle parece ben a algunha persoa da súa confianza.
NO ENTIENDO
TOTALMENTE DE ACUERDO ,DIGNIDADE ,HONRADEZ,VERDA D,DE FRENTE,DE FRENTE,ESE ES LO QUE TIENE QUE SER EL PP ,DE FRENTE A SUS VOTANTES ,NUNCA POR ATRAS.HASTA LUEGO
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.