1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Comezan a carburar as plantillas dos conxuntos do Concello de Camariñas

Nestos mesmos días nos que a prensa deportiva española pasou de chusma furiosa a turba desencadeada, dando continuación á máis desvergonzada, interesada e indecente campaña de promoción persoal dun futbolista a costa de outro (asunto Casillas vs Diego López) que se lembre na historia do fútbol mundial, pois por esas mesmas datas asistiremos en Camariñas a un carrusel balómpedico. Ata tres interesantes encontros que poñen en liza aos tres clubs patrios sucederanse durante o derradeiro fin de semana de agosto e primeiro de septembro, metade por metade, partidos como o rapaz do xuizo do Rei Salomón. Primeiro, o ilusionante e meritorio proxecto de canteira posto en marcha pola nova Xunta Directiva do FC Porteño terá unha primeira proba de toque este sábado (aínda agosto) no Estadio Municipal da Grixa a partires das 17:00 horas contra o Laxe; co mesmo horario e tamén nun campo propiedade do Concello, os xuveniles do Camariñas enfrontaranse ao Muxía; e  o domingo ás 18:00 horas (xa setembro) o Camariñas e o Camelle disputarán un pelexado derbi intramunicipal. E mentras por estes lares arranca a tempada 2013/2014, alá en Madrid La Liga de Las Sombras Deportiva, aquela formada por recoñecidos xogadores de ventaxa, exitosos e virtuosos toreiros a toro pasado, linchadores profesionales e mamporreros habituales (Segurolas, Lamas, Diegos Torres, Manus Carroña, perdón Carreño, JJ Santos e Tele 5 ao completo, Marcas, Copes, Seres, Los Países, ... e así ad eternum), a constelación máis indecente de seres humanos que viron os séculos, seguirán a promocionar por terra, mar e aire ao seu neno bonito e a linchar sin miramientos a un humilde e calado profesional. Ao fin e ao cabo aquel tivo a desgracia de ir a nacer precisamente en Paradela, Lugo.

Comezan a carburar as plantillas dos conxuntos do Concello de Camariñas

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.