- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 20 Agosto 2013 20 Agosto 2013

Dúas directivas xóvenes, de andaina deportiva recente, decidiron medir as forzas das súas respectivas plantillas nun partido amistoso a xogar no histórico e remozado estadio da Grixa, na Ponte do Porto. Ambas coinciden nuns plantexamentos deportivos a longo prazo máis ou menos semellantes, ambas decidiron facer da necesidade virtude e confeccionar un plantel a base de xogadores da casa na súa práctica totalidade e sen que medien cartos por medio: xogar por puro patriotismo local. Os éxitos xalonan o seu camiño do último ano: sendos ascensos á Segunda Rexional que suporán un desafío engadido para comprobar a fiabilidade e firmeza do proxecto. Esos dous clubes son o Porteño e o Camelle e o amistoso terá lugar o vindeiro domingo 25 de agosto ás 17:30 horas.
A ilusión entre ambas directivas é palpable ante a tempada que se aveciña. Debuta no cargo a nova xunta porteña que baseará o seu proxecto na prolífica canteira da vila do Río Grande, máis fogueda se atopa a directiva que refundou despois de anos de desaparición o Camelle e o embalou cara un ascenso meteórico. Dous cubes veciños e irmáns como se podía comprobar recentemente no I Memorial José Lavandeira Vieites desputado no Estadio do Rodeiro como sentida homenaxe ao que foi gran tesoureiro camellán noq ue práctica totalidade da directiva porteña asistía ao evento. Tal vez foi alí onde acordaron desputar un interesante encontro que servirá como pedra de toque ao duro ano que se aveciña. A tempada futboleira municipal 2013-2014 toma forma.


Comentarios
y otro detalle,la iglesia de sanJorge tiene mas de tres siglos
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.