1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

O Camelle sufríu unha inesperada derrota no campo do Rodeiro - Foto: sdcamelle.blogspot.com.es

Nova xornada dos nosos conxuntos onde o máis destacable foi a derrota do Camariñas que o coloca novamente nunha situación perigosa dados os resultados positivos acadados polos conxuntos que estaban nos postos de descenso. O Camelle pinchou na casa e o Porteño aproveitou o pinchazo para pasarlle na clasificación e ámbolos conxuntos afrontarán a vindeira xornada un derbi apaixoante co ascenso en xogo. O Balonmán Camariñas Conservas Boya rematou a tempada cun empate no Pavillón do Areal e xa planifica a próxima tempada, un exercicio no que xa non estará Kin, o gran xogador da Vila das Palilleiras decidiu abandoar a práctica do balonmán e o partido ante o Carballal foi o seu último encontro vestindo a elástica camariñana.

TERCEIRA DIVISIÓN
ORDES 3-0 BERGANTIÑOS

Victoria cómoda a que acadamos diante do Bergantiños nun partido no que fomos mellores e no que dominamos de principio a fin. Escapóusenos o tren da liguilla de ascenso e tocaba xogar sen presión e iso foi o que fixemos, sair ao terreo de xogo a disfrutar e a tratar de gañar como así foi. Capelo que xa leva 11 tantos, Alex Castro e Baleato, foron os goleadores dun encontro no que puidemos meter máis goles debido a cantidade de ocasións das que dispuxemos.A vindeira xornada xogamos en Somozas.

PRIMEIRA REXIONAL
CAMARIÑAS 1-2 PUEBLA

Derrota do Camariñas de Berto que desde a súa chegada ao banco Camariñán ainda non conseguiu gañar no Hermanas Patiño. O que gaña fora da casa o Camariñas estao a perder no seu terreo de xogo e o que podía ser un final de liga tranquilo gañando un partido como local, estase a convertir nun tramo final de liga de infarto debido as victorias do Fisterra, Ponteceso e Flavia que fan que o Camariñas esté tan só 2 puntos do descenso.
Foi un partido disputado, cuns visitantes que se adiantaron no marcador mediada a primeira metade. Lograría o Camariñas empatar antes do descanso por mediación de Juan o Vello. Na segunda metade houbo moito respeto mútuo e o que son as cousas, tivo o Camariñas a oportunidade de adiantarse no marcador cun penalti que nesta ocasión fallou De la Sierra, que ao igual que os auténticos cracks, foi quen colleu a responsabilidade e desaforntunadamente non marcou. Os penaltis fállanos os que o tiran e os que se atreven a tiralos, en definitiva, os mellores, pero como persoas humanas poden fallar, como pasou no caso do gran xogador do Camariñas.
Cando parecía que o empate iba a ser o marcador final, no último minuto de partido chagaba o mazazo dos visitantes que marcaban e deixaban mudo o Hermanas Patiño. Toca seguir pelexando pola salvación, unha salvación que está cara pero na que estamos seguros e confiados que o Camariñas a conseguirá. A próxima xornada o Camariñas vista ao líder, o Estudiantil.

TERCEIRA REXIONAL
CAMELLE 1-2 NANTÓN

Derrota contra todo pronóstico do Camelle ante o Nantón nun partido no que o Camelle de Pupus non estivo ao nivel que se esperaba e que deixa aos Camelláns terceiros, un punto por debaixo do Porteño que é segundo, na loita pola segunda plaza que da acceso directo á segunda rexinal xa que a primeira praza parece que a vai levar o Independiente de Carballo.
Non estiveron finos os Camelláns que remontaron un gol de ventaxa do nantón por mediación de Miguel Riveiro pero non puideron manter o marcador e o Nantón marcaría un segundo gol que a postre lle daría a victoria aos visitantes. Tras esta derrota, semella que o derbi da vindeira xornada ante o Porteño vai ser vital para conseguir unha praza de ascenso que a van xogar nestas tres xornadas finais de liga tanto o Camelle como o Porteño.

CERQUEDA 5-O XAVIÑA

Derrota do Xaviña de Pirucho ante o Cerqueda nun partido no que o Xaviña foi inferior ao Cerqueda e acabou sucumbindo no marcador. Foi mellor o Cerqueda e o marcador xa o di todo.  Necesita acabar da mellor forma posible a liga o Xaviña e ten tres xornadas para tratar de vencer. A próxima xornada o Xaviña recibe ao Corcoesto.

LIRA 0-1 PORTEÑO
Victoria do Porteño de Gerpe en Lira que a conseguiu con moitos apuros xa que os locais practicaron un fútbol duro, con moito contacto no que sacaron de quicio aos xogadores Porteños que non eran capaces de facer o fútbol que estaban acostumados a levar a cabo.
Pero o Porteño non se amedrantou e cando faltaban 15 minutos, Parga que levaba no terreo de xogo pouco tempo, lograba marcar o tanto da victoria, unha victoria que coloca aos de Gerpe segundos, un punto por enriba do Camelle e a 4 puntos do líder, o Independiente de carballo. Toca zafarrancho de combate, o campo da Grixa vestirá de gala a próxima xornada nun derbi fraticida, no que o Porteño recibirá ao Camelle nun partido vital para acadar o ascenso.

LIGA CADETE
ESTEIRANA 11-0 PORTEÑO

Derrota contundente do Porteño de Ordóñez ante o Esteirana conxunto que se proclamou campión de liga unha vez vencido ao cadro da Ponte do Porto. Có marcador final non fai falta comentar nada debido a diferencia entre un e outro equipo. Quedan tres xornadas na que o Porteño vai a dar a cara e rematar a liga da mellor forma posible. A vindeira xornada o Porteño recibe ao Zas.

LIGA INFANTIL

Aprazouse o partido queiba a disputar As Baleas en Sofán. A próxima xornada As Baleas recibe ao  Vimianzo.

LIGA DE VETERÁNS
CAMARIÑAS 2-2 SAN LORENZO

Empate do Camariñas na última xornada de liga no último partido en primeira. Remata unha liga que foi complicada para o Camariñas cun empate nun partido xogado sen presión e con moitas ocasións para uns e outros.

SEGUNDA DIVISIÓN
MILAGROSA 2-2 PORTEÑO

Empate do Porteño na derradeira xornada de liga nun partido moi entretido con constantes ocasións para uns e outros no que finalmente rematou con reparto de puntos. Toca esperar o sorteo para preparar o torneo do KO.

BUÑO 1-2 CAMELLE
Victoria do Camelle en Buño para despedir a tempada cun bo sabor de boca e con ese pensamento de que en algún tramo de liga, o Camelle puido haber loitado por ascender. Toca preparar o torneo copeiro donde o Camelle ten postas boas esperanzas.

BALONMÁN
PRIMEIRA AUTONÓMICA MASCULINA
BALONMÁN CAMARIÑAS 26-26 CARBALLAL

Empate do Camariñas de fran Puga no último partido da tempada no que os Camariñáns se despediron da súa afición cun empate. O partido non tivo moita historia debido a que ningún dos dous equipos se xogaba nada, pero pese a eso, os colexiados quixeron dar a nota e non mediron polo mesmo raseiro a uns e a outros, pois ata 8 penas máximas lle pitaron en contra aos nosos por unha a favor. Partido que supuxo a despedida de Kin, deixa o clube e a práctica do balonmán por motivos persoais. Unha gran persoa, un gran amigo e un gran xogador que sempre o deu todo pola camiseta do seu clube, clube que defendeu dende que era un neno. Chapeau Kin!!!.
Queda preparar o futuro, unha próxima campaña na que os rumores apuntan a que Fran Puga non quere seguir como adestrador e de confirmarse esta nova, de momento só hai rumores, esperaremos acontecementos e estaremos atentos a posibles novas que cheguen dende a xunta directiva.

COPA BALONMÁN CADETE FEMENINO
ACALUBA 10-23 BALONMÁN CAMARIÑAS

Partidazo das Camariñanas que derrotaron con claridade e contundencia a Acaluba e son líderes de grupo nesta copa de balonmán. Están as nosas machacando a cantas rivais atopan polo camiño e as Sara, Karen e compañía están demostrando que teñen moito balonmán dentro e van para figuras. A vindeira xornada as camariñanas reciben ao Xallas de Santa Comba.

Isto foi todo canto dou a xornada. Como sempre CAMARINAS.EU contouvos todo canto aconteceu cos nosos conxuntos. Un saúdo!!!!

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.