1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Os nosos pequenos tamén se sumaron á gran festa do atletismo da Costa da MorteImos por partes, e cun pintoresco toque vintage dos lembrados 80 no tratamento fotográfico das imaxes, para plasmar xornalísticamente a impresionante cobertura realizada por Camarinas.eu na máis grande demostración atlética da Costa da Morte. Primeiro as competicións dos pequenos, compostas polas carreiras de infantís, cadetes e xuvenís, apartires das dez da mañán; as de benxamíns e alevíns, ás 11 e finalmente a dos pitufos, ás 11.30 horas, como previa á gran competición de adultos que con algún Campeón de España entre os participantes tería lugar xusto no espléndido mediodía camariñán. E dentro destas distintas categorías, recollendo o testigo maxistral de José Manuel Rodríguez Tajes, un xoven campeón camariñán: o noso veciño Eusebio, que reinaba na súa competición e pulverizaba marcas.  A prolífica canteira camariñana abríase deste xeito paso e amosaba ante os máis de 600 participantes nunha proba exquisita dende o punto de vista organizativo como o gran maratonista histórico da Costa Atlántica, aquel ao que as victorias aplastantes e heroicas do seu equipo da alma o levaron en volandas atléticas este pasado domingo 3 de marzo, albiscaba en lontananza un posible sucesor ás súas xestas deportivas.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.