1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Continúan os traballos de pavimentación na rúa Alto do Penedo, na Ponte do Porto. A obra conta cun orzamento de 125.000 euros financiados a través do Plan Único da Deputación da Coruña e mellorará o firme da zona que até o de agora estaba bastante deteriorado. Ademais, neste proxecto inclúese a roza e a limpeza das marxes da vía, a demolición do pavimento previo en varios tramos e a execución de un novo a partir de aglomerado asfáltico e adoquín rústico de pedra granítica.

 

Non é o único lugar do Concello que está a ver o seu firme reparado xa que na vila de Camariñas estase a realizar unha obra similar na avenida Ambrosio Feijoó á altura do cruce coa rúa do Carme. Neste lugar existían lousas que pavimentaban a estrada do mesmo xeito que o fan nas beirarrúa. Porén, o estado no que se atopaban estas era de bastante deterioro producíndose levantamentos en numerosas pezas. Por isto a obra que se iniciou nestes últimos días pretende substituír estas pezas por un firme como o que xa foi utilizado no resto da zona.

IMG_20220503_201945_MOD.jpg

Fotografía do Martes 3 de Maio

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.